En Cabana de Bergantiños, un dos mellores lugares para mesturar patrimonio e astronomía é o Castro A Cidá de Borneiro. Un lugar que xa fixemos recomendado moito visitar nas nosas redes sociais pero que de noite ten unha maxia especial.
No verán realízase unha actividade única neste lugar: a Ruta das Estrelas. Unha camiñata nocturna que empeza no Dolmen de Dombate e conclúe no Castro de Borneiro cunha observación astronómica conducida polo físico Jorge Mira. Moi recomendable.