Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños)

Cultura e historia, Megalitismo, Prehistoria
Cabana

Saber máis sobre Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños)

A catedral megalítica

Dombate é sen dúbida o dolmen máis famoso e emblemático de Galicia, cualificado por moitos como a catedral do megalitismo galego.

De feito, é un dúas nun, porque o túmulo que cobre o monumento alberga dous dólmenes diferentes. O denominado Dombate Antigo, de modestas dimensións e construído a finais do V milenio e o Dombate Recente, moito máis monumental, edificado cara ao 3.700 a. C. Este último é o máis coñecido dos dous e as súas dimensións son impresionantes, acadando os 6 metros de longo e os 4,5 metros de alto. O megalito consta dunha cámara e un corredor orientados ao leste, construídos cosas de gran tamaño que chegan a pesar, no caso da cabeceira 7,78 toneladas.

O túmulo, tamén espectacular, ten un diámetro de 24 metros e unha altura de 1,8 metros. Está rodeado por un animallo de pedras e coincidindo coa entrada apréciase unha especie de coraza tamén de pedras. Xusto na entrada, durante as escavacións, localizouse un conxunto de ídolos antropomorfos, colocados verticalmente no solo, cumprindo unha función de protección da tumba, como se fosen unha sorte de vixías simbólicos.

Pero quizais o elemento máis interesante deste dolme é o conxunto de gravados e especialmente de pinturas atopadas no interior da súa cámara e ao longo do corredor. Están realizados coa mesma técnica que o dolme de Pedra Cuberta (Vimianzo), en cores vermello e negro sobre unha base de pintura branca a base de caolín. Na actualidade non son visibles xa que non é posible acceder ao interior do dolme por cuestións de conservación. Pero é posible admiralos nunha excelente réplica do dolme a tamaño real situada no mesmo centro de interpretación que hoxe alberga o monumento.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Cabana

Fiesta medieval “Tarde noite no medievo” en Riobó
A tarde noite no medievo é unha festa que te transportará 10 séculos no pasado a...
Miradoiro de Aves José Luís Rabuñal
En outubro de 2006, durante a celebración do Iº Congreso de Ornitoloxía da Costa...
Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños)
A catedral megalítica Dombate é sen dúbida o dolmen máis famoso e emblemático d...
Castro A Cidá de Borneiro
Un dos máis antigos de Galicia e único castro escavado da Costa da Morte. Estivo...
Romería de “San Fins do Castro” en Cesullas
A Romería de “San Fins do Castro” é unha desas festas que non podes ...
Ruta Esteiro do Anllóns
Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praia do Curro / Ensenada de Lodeir...
San Pedro (Cabana de Bergantiños)
A praia de San Pedro está escondida entre dúas pequenas formacións montañosas; u...
Praia de Rebordelo
Descubre a Praia de Rebordelo en Canduas: Belleza Natural e Tranquilidade Acces...
Miradoiro do Monte Perrol
Miradoiro do Monte Perrol (Laxe): Vista Panorámica da Costa da Morte O Miradoir...
Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate
Dombate: Testemuño do Megalitismo en Galicia O Centro Arqueolóxico Dolmen de Do...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.