Hórreo de Carnota

Arquitectura civil
Carnota

Saber máis sobre Hórreo de Carnota

É un dos elementos polo que Carnota é máis coñecida. Recoñecido como Monumento Nacional, é o hórreo máis grande de Galicia de estilo “Fisterrán”.

Este hórreo foi construído en 1768, pero foi en 1783 cando se ampliou con once novos pares de pés. Ten 34 metros de longo e 1,90 metros de largo. De planta rectangular, cámara pechada con columnas horizontais que deixan entre elas rendellas para a ventilación, conta con 22 pares de pés. Nun dos lados ábrense tres portas de acceso ó interior e pináculos de estilo barroco. Remata en cruz asentada nunha bola.

Forma parte dun conxunto arquitectónico e histórico de gran beleza e importancia, xunto á casa reitoral, o palomar e a Igrexa de Santa Comba.

Ver vídeo de Hórreo de Carnota

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Carnota

Festa gastronómica do “Cocido Galego” en San Mamede
A gastronomía da Costa da Morte ten pratos que trascenden ás nosas fronteiras e ...
Hórreo de Carnota
É un dos elementos polo que Carnota é máis coñecida. Recoñecido como Monumento N...
Miradoiro Bico do Santo
Promontorio granítico cunha altura de 181 metros. Ademais de ser un espazo de gr...
Miradoiro de Louredo
Un espazo para a arte dende o que se teñen vistas á praia máis grande de Galicia...
Festival “Asaghieiras” en Lariño
Música, teatro, tour informativo, comida tradicional… nada podería ofrecer...
Cascada das Fontes
Este conxunto está formado por sete pequenas cascadas do río Pedrafigueira. Está...
Museo Aberto de Carnota
Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Rieiro – Miñarzo (Carnota) Longitud...
Petroglifo Laxa Escrita
Na chamada Costa de Carnota localízanse os gravados da Laxa Escrita, que se repa...
Carnota: Praia de Carnota e Faro de Lariño
Tanto o faro de Lariño, algo máis ao sur dentro da costa, como a propia praia de...
Formas Graníticas no Macizo do Monte Pindo
O granito do Monte Pindo formouse no interior da Terra, a uns 20 kilómetros de p...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.