Search
Close this search box.

Rodeados de natureza

Unha Costa da Morte infinita

Costa da Morte, destino turístico sostible

Actividades na natureza na Costa da Morte

Adentrarse na natureza pode ser toda unha aventura e facerse nun sinfín de formatos e xeitos. A Costa dá Morte os ten todos para que poidas escoller o que máis te guste e se adapte a tus necesidades e ás daquelas que te acompañan. Unha infinidade de maneiras de percorrer a xeografía e descubrir os seus segredos que non te deixará indiferente de ningún xeito. Aquí poderás aprender máis sobre as posibilidades que ofrece a Costa da Morte arredor dos deportes en terra.

Despegando cara á liberdade

Se es dos que non lles gusta manter os pés na terra (literalmente), a Costa da Morte é o teu lugar.

Cabalgando entre os ventos

Porque a Costa da Morte podes recorrela a través da propia natureza grazas aos seus cabalos…

Natureza na Costa da Morte

… ou a través de tu propia forza pedaleando nunha bicicleta…

Motores que ruxen na Costa da Morte

… incluso sen necesidade de pedalear, a través de vehículos de motor como 4X4, quads ou motocicletas tipo cross…

Surcando os ceos en liberdade

… e se che parece pouco, podes dominar os ceos da Costa da Morte mediante parapentes, as delta e mesmo avionetas.

A aventura agárdate na Costa da Morte

Porque todos estes medios teñen o seu espazo na Costa da Morte, con rutas especializadas, información para poder experimentalos, e grupos cos que poderás participar en roteiros organizados.

¿Quen necesita manter os pés na terra?

A Laracha Bttmontemaior07

Btt na Costa da Morte

Unha das grandes alternativas ao sendeirismo na Costa da Morte é a bici off-road (fóra de estrada), de montaña, todo terreo ou como se a sole denominar a día de hoxe BTT. A xeografía intrincada con subidas e baixadas constantes e a gran cantidade de rutas e camiños ben sinalizados fan da Costa da Morte un lugar idóneo para a práctica deste deporte que cada vez ten máis adeptos.

Na Costa da Morte poderás atopar numerosos grupos e asociacións arredor da práctica do BTT que organizan rutas e competicións para sacar o máximo partido ás súas bicicletas.

Rutas A Caballo 1506507164

Rutas a cabalo pola Costa da Morte

A Costa da Morte é natureza en estado puro e ¿qué mellor xeito de percorrela que cun elemento saído desa mesma natureza como son os cabalos? Este non só é un medio de transporte, senón un elemento de grande importancia cultural na Costa da Morte como o proban eventos tan populares como a “rapa das bestas” que se celebran en varios municipios do noso territorio e cuxo máximo expoñente é a de Vimianzo. Cos cabalos poderás chegar a lugares únicos que doutros modos sería imposible acadar e todo vivindo unha experiencia inigualable.

Se queres percorrer a Costa da Morte a cabalo existen múltiples empresas que poden prestarte os distintos servizos necesarios como a proporción dunha montura, as rutas e a guía necesaria para que poidas desfrutar desta experiencia dun modo sinxelo e para toda a familia.

Man on the ATV Quad Bike running in mud track

Buggy, quads e 4X4 na Costa da Morte

A Costa dá Morte é un territorio que engana en canto á súa extensión e o que puidese parecer unha distancia curta nun mapa pode ser unha realmente longa cando se percorre. Por iso, e para poder visitar todos os lugares dentro dos nosos espazos naturais, a Costa da Morte te ofrece unha maneira rápida de desprazarte como son os Buggy, quads e os 4X4. Estes medios poderán facer fronte a todas as necesidades do terreo que se presenten ante ti e permitiránte percorrer cada palmo da nosa xeografía a través da súa natureza.

Na Costa da Morte existen rutas que poderás percorrer con tu propio vehículo e tamén existen lugares onde poder alugar un destes transportes por días.

Climbing

Barranquismo e escalada na Costa da Morte

O barranquismo require de ladeiras escarpadas e acantilados prominentes, ambos os elementos fáciles de atopar na Costa da Morte. É por isto que cada vez máis aficionados ao barranquismo e a escalada se acercan ao noso territorio en busca de novas emocións nun terreo polo momento pouco experimentado e que polo tanto ten aínda moito por descubrir para este deporte.

Na Costa da Morte son múltiples os lugares idóneos para o barranquismo e múltiples empresas ofrecen servizos por separado ou xunto a outras prácticas como son o treeking en costa con saltos á auga, a escalada, o rappel ou a exploración de covas.

Equipo de paintball en la Costa da Morte

Paintball na Costa da Morte

O paintball é un deporte no que pode participar toda a familia e que cada vez ten máis aficionados e recursos na Costa da Morte e, aínda que este non sexa unha actividade exclusiva da zona, se o é a ambientación e o uso de recursos propios do noso territorio para a creación dos seus campos de tiro e batalla.

Na Costa da Morte poderás atopar múltiples campos de paintball nos que se aluga non só o espazo se non tamén todo o equipamento necesario para desfrutar dun día de batalla.

Mirador de Aves José Luís Rabuñal

Observación de aves na Costa da Morte

Os espazos para a observación de aves na Costa da Morte son numerosos e proba diso son os múltiples puntos da nosa xeografía que están adscritos á rede natura 2000, a ZEC ou a ZEPA. Non só iso, expertos en ornitoloxía como Daniel López-Velasco describen a Costa da Morte como “a mellor zona de Europa para observar aves desde o mar”. Isto débese a que a Costa dá Morte é un lugar de paso para moitas especies que migran co cambio de estacións e que permiten gozar da súa presenza no noso territorio durante unha gran parte do ano, ademais de moitas aves autóctonas que só se atopan en espazos concretos dentro das fronteiras da Costa da Morte como poden ser as illas Sisargas.

Existen numerosos espazos nos que observar aves na Costa da Morte e moitos delas teñen estruturas específicas para o desenvolvemento desta actividade.

Naturmaz 9

Voos con ou sen motor na Costa da Morte

Na Costa da Morte existen numerosos miradoiros que te permiten ver toda a nosa xeografía desde as alturas. Porén, pode que isto non sexa suficiente e necesites un pouco máis de emoción en quenda alzándote aínda máis alto para deixar de ter os pés no solo e para iso tamén temos opcións. Porque na Costa dá Morte te podes converter en piloto por un día e manexar un ultralixeiro, ou ben podes surcar os aires cun parapente para sentir o vento en todo tu corpo. En ámbolos casos poderás percorrer toda a Costa da Morte e ver toda a súa beleza e maxestuosidade desde unha perspectiva inigualable.

Existen múltiples empresas que ofrecen servizos de voo e parapente na Costa da Morte e nelas atoparás todo o que necesitas para unha experiencia vertixinosa coa maior confianza.

Orixe da terra, do ceo e do mar

Vive a Costa da Morte

Qué ver

Descobre paisaxes únicas e monumentos históricos que te deixarán sen alento.

Qué facer

Vive aventuras inesquecibles con actividades para todos os gustos e idades.

Organiza a túa viaxe

Ensinámoste cómo chegar e cómo moverte pola Costa da Morte.

Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg