O fotoperiodista Xurxo Lobato impartirá este venres día 25 ás 19:00 horas no Museo do Mar de Laxe, a conferencia titulada “Unha mirada á fotografía histórica en Galicia”, dentro do programa de actividades organizado pola Concellería de Turismo de Laxe, no marco da segunda edición do Programa reLAXEse.
Xurxo Lobato é Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, director do Festival de Fotografía Olladas, Comisario Premio Ksado de Fotografía, colobarador habitual en El País, Luzes, Sermos Galicia, Getty images ou mundiario.com.
Antes de rematar a súa licenciatura xa publicara fotos en diversos medios periodísticos tanto españois como extranxeiros. No 2003 unha foto súa do Prestige recibe o premio Ortega e Gasset a unha obra gráfica, pero este é so un dos numerosísimos premios que ten recibido polo seu extenso traballo no campo do periodismo gráfico. Exposicións inviduais e colectivas, así como publicacións colectivas, premios, becas, xurados, comisariados en exposicións, e obras en colección pública, son unha pequena mostra da extensa traxectoria profesional de Xurxo Lobato. Este venres 25 de maio estará no Museo do Mar de Laxe. A entrada é de balde.
Data de inicio
Data de fin
Museo do Mar de Laxe
Cultura, deportes, festas…
Concello
Lugar
Concello
Lugar
Concello
Lugar
Concello
Lugar
Concello
Lugar