O Museo do Mar de Laxe será o 31 de agosto ás 20.30 horas, o escenario para a presentación do libro de fotografía Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno. O volume, que está editado en formato dixital pola Universidade de Santiago, xunta 94 imaxes dos fotógrafos Óscar Blanco, Ana García, Daniel Llamas, Daniel Lois, Alfredo Madrigal, Pablo M. Alemparte, Fernando Rey, Ángel R. Arós e Alba Rodríguez. Todos eles ofrecendo unha ollada ó firmamento galego.
O libro está coordinado por Jorge Mira e Salvador Bará, profesores do departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, e pretende ser un símbolo para aqueles que busquen a beleza das estampas nocturnas. O acto está aberto a tódolos públicos, e nel intervirán o físico e autor Jorge Mira, a fotógrafa e coautora Ana García, e o xornalista delegado da Voz de Galicia en Carballo Xosé Ameixeiras. Tamén haberá tempo para proxectar un vídeo curto cunha selección de timelapses (secuencias de fotos) realizados por Ana García. A entrada é de balde, apta para tódolos públicos.
Data de inicio
Data de fin
Museo do Mar
Cultura, deportes, festas…
Concello
Lugar
Concello
Lugar
Concello
Lugar
Concello
Lugar
Concello
Lugar