III Edición de “Malpica sabe a Mar”

Malpica

Saber máis sobre III Edición de “Malpica sabe a Mar”

Por terceiro ano consecutivo, a Concellería de Promoción Económica e o sector hostaleiro de Malpica unen esforzos para desenvolver unha iniciativa conxunta que enlaza tres sectores fundamentais da economía local: a pesca, a hostalería e a olería. A iniciativa, promovida pola concelleira Pilar Doldán, vai a máis, e este ano a Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar contará coa participación de 10 establecementos, que do 21 ao 23 deste mes tratarán de sorprendernos cunhas exquisitas elaboracións moi malpicás.

Malpica Sabe a Mar pretende diferenciarse doutras iniciativas semellantes incluíndo os produtos pesqueiros como ingrediente de todas as tapas, o que permitirá, por unha banda, poñer en valor o produto local e o sector pesqueiro, e, por outra, fomentar a innovación e a creatividade na elaboración de produtos de consumo tradicional. O terceiro elemento que incluiría a ruta sería a olería, xa que para a ocasión elaboraranse no Ecomuseo do Forno do Forte pratos artesanais que se repartirán entre os 10 establecementos participantes: Taberna do Lesto, O Burato, Humboldt, Ybarra, JB, San Francisco, Larada, O Pescador, Santiago Apóstol e O Cruceiro, que participa por primeira vez.

A Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar arrancará o venres 21. As tapas serviranse nesa primeira xornada de 20.00 a 23.00 horas; o sábado, de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 23.00, e o domingo, de 12.00 a 14.00 horas. As tapas custarán 1,5 euros, e con cada unha entregaráselle ao cliente un boleto que lle permitirá obter premios directos.

Iii edicion de malpica sabe a mar 1537543249

Máis detalles sobre III Edición de “Malpica sabe a Mar”

Data de inicio

Venres, 25 de Abril de 2025

Data de fin

Venres, 25 de Abril de 2025

Lugar de celebración

Malpica

Cultura, deportes, festas…

Outros eventos en Malpica

Zumba

Concello

Malpica

Lugar

Praia de Area Maior

XIX Mostra de Teatro Malpica

XIX Mostra de Teatro Malpica

Concello

Malpica

Lugar

Auditorio Teatro Cívico

XIII Mostra de Teatro de Malpica

O pasado luns dou comezo a XIII edición da Mostra de Teatro de Malpica. Do 23 de outubro ao 1 de dec...

Concello

Malpica

Lugar

Malpica

XV Mostra de Teatro de Malpica

Concello

Malpica

Lugar

Malpica

III Edición de “Malpica sabe a Mar”

Por terceiro ano consecutivo, a Concellería de Promoción Económica e o sector hostaleiro de Malpica ...

Concello

Malpica

Lugar

Malpica

Festa Galega 2022

Esta fin de semana, xunto á celebración do mercado medieval mariñeiro chega a popular FESTA GALEGA. ...

Concello

Malpica

Lugar

Malpica
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.