As Xornadas Gastronómicas «Sabores do noso pobo» continúan en Malpica de Bergantiños cunha segunda cita para descubrir a nosa cociña desde dentro. Nesta ocasión, Yara, do restaurante Casa da Vasca, ensinará como elabora algúns dos seus pratos e compartirá o saber facer que mantén viva a tradición gastronómica da Costa da Morte.
O venres 30 de outubro de 2026, de 19:00 a 21:00 h, o restaurante Casa da Vasca, no Porto de Barizo, acollerá esta actividade pensada para a veciñanza e para todas as persoas que gozan aprendendo na cociña. Un encontro próximo para coñecer técnicas, compartir experiencias e descubrir os sabores da gastronomía de Malpica.
A participación é totalmente gratuíta, pero hai un máximo de 15 prazas. As inscricións faranse no Concello de Malpica a partir do martes 13 de outubro.
Impulsadas pola Concellaría de Promoción Económica, estas xornadas poñen en valor os profesionais locais e as receitas que forman parte da nosa identidade. Non perdas esta oportunidade: aprende, cociña, comparte e desfruta!
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Restaurante Casa da Vasca, Porto de Barizo 42, Malpica de Bergantiños
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!