O Concello de Vimianzo impulsou neste ano con fondos propios a escavación do gran castro do Val de Vimianzo: As Barreiras. En abril iniciáronse os traballos de escavación para descubrir a historia desta fortificación da Idade do Ferro. O sábado 2 de xuño terás a oportunidade de visitar o xacemento arqueolóxico, da man do director das escavacións, Tito Concheiro. Deste xeito celebramos o inicio destes traballos que continuarán en campañas sucesivas ampliando o coñecemento deste castro tan singular.
A visita será ás 12 do mediodía, cun máximo de 50 participantes, para poder realizar a actividade en condicións. Coñeceremos o gran sistema defensivo das murallas e foso do castro, paseando pola mesma, o xacemento arqueolóxico cos restos das construcións circulares atopadas e a propia historia que nos foi desvelando esta escavación.
É imprescindible reservar:
– No correo electrónico turismo@vimianzo.gal
– Teléfono 981 716 001 – ext 1235 (luns a venres, en horario de mañá)
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Vimianzo
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!