2025
4
Decembro

Presentación do libro “A Costa da Morte. Naturalmente única”

Cultura, Turismo
A Laracha

Saber máis sobre Presentación do libro “A Costa da Morte. Naturalmente única”

A Costa da Morte dará un novo paso na súa promoción turística coa presentación do libro “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publicación exclusiva que reúne aos 17 concellos do Xeodestino. O evento terá lugar o xoves 4 de decembro de 2025, ás 12:00 h, no Asteria Beach de Caión (A Laracha), e está organizado pola APTCM coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, cuxo director, José Manuel Merelles, asistirá ao acto.

O libro “A Costa da Morte. Naturalmente única” ofrece unha mirada moi persoal de Xan Fernández Carrera e das fotografías de Antonio Fernández sobre os recursos turísticos da nosa bisbarra. Trátase dunha edición de formato especial, con cuberta dura, papel de gran calidade, grandes imaxes e textos breves, pensada para lucir en recepcións, mostradores de establecementos turísticos e oficinas de información. Cun peso de 1,5 kg, converte cada páxina nunha invitación a descubrir un territorio único.

Na presentación do libro farase entrega de exemplares a todos os concellos integrados na CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), ás oficinas de turismo, ás bibliotecas municipais e ás persoas socias da APTCM. Desde a entidade quérese agradecer publicamente a Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández a súa paixón, o seu talento e a xenerosidade de ceder a súa obra de xeito altruísta en favor desta terra. A presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única” é a mellor proba de que a unión fai a forza e de que, cando miramos todas e todos na mesma dirección, os obxectivos chegan antes.

Presentación Livro A Costa da Morte Naturalmente Única

Máis detalles sobre Presentación do libro “A Costa da Morte. Naturalmente única”

Data de inicio

Xoves, 4 de Decembro de 2025

Data de fin

Xoves, 4 de Decembro de 2025

Lugar de celebración

Asteria Beach Caión

Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Presentación da revista e do programa das Festas da Milagrosa 2026 en Carballo

Carballo entra nunha nova fase da conta atrás para as Festas da Milagrosa 2026 coa presentación públ...

Fecha de inicio

Mércores, 19 de Agosto de 2026

Lugar

Local social de la antigua Escola de Arrabales, barrio da Milagrosa, Carballo

Concerto de MAPA no Camping Lago-Mar | Agosto no Lagomar 2026

O ciclo Agosto no Lagomar suma unha nova tarde de música en directo á beira do mar con MAPA. A cita ...

Fecha de inicio

Mércores, 19 de Agosto de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar, Praia de Lago, Merexo

Excursión ao aquapark – Verán Zas 2026

A excursión ao aquapark de Verán Zas 2026 celebrarase o mércores 19 de agosto, con saídas desde Zas ...

Fecha de inicio

Mércores, 19 de Agosto de 2026

Lugar

Praza do Concello de Zas y Torre Penedo, Baio

Obradoiro de reciclaxe de papel con Lu Papeterie no Camping Lago-Mar (Muxía)

O xoves 20 de agosto de 2026 ás 12:00 h, o Camping Lago-Mar de Muxía acolle un obradoiro de reciclax...

Fecha de inicio

Xoves, 20 de Agosto de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar, Praia de Lago, Merexo (Muxía)

Ondas Culturais | Son de aquí: concerto de Manu Sija en Sofán

A programación Ondas Culturais | Son de aquí chega a Sofán cunha tarde que une patrimonio, memoria l...

Fecha de inicio

Xoves, 20 de Agosto de 2026

Lugar

Adro da Igrexa de San Salvador de Sofán

Rendos Pequeños de Charlatán Rodríguez en Cabana de Bergantiños

A Praza do Pendón de Cabana de Bergantiños acolle este venres 21 de agosto de 2026 o espectáculo tea...

Fecha de inicio

Venres, 21 de Agosto de 2026

Lugar

Praza do Pendón

Sirat de Oliver Laxe en Baio | Ciclo Mestre Mateo 2026

O cinema galego toma a noite de Baio cunha das películas máis celebradas dos últimos anos. O venres ...

Fecha de inicio

Venres, 21 de Agosto de 2026

Lugar

Praza Jorge Mira, Baio

Ondas Culturais | Son de aquí: concerto de Do Rivés en Carballo

O venres 21 de agosto de 2026, o ciclo Ondas Culturais | Son de aquí chega ao barrio do Chorís, en C...

Fecha de inicio

Venres, 21 de Agosto de 2026

Lugar

Barrio do Chorís, Carballo

XXIV Concurso de Barcanas e Castelos de Area en Malpica

A Praia de Area Maior de Malpica acollerá o venres 21 de agosto de 2026 o XXIV Concurso de Barcanas ...

Fecha de inicio

Venres, 21 de Agosto de 2026

Lugar

Praia de Area Maior, Malpica de Bergantiños
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.