A Casa do Concello de Camariñas acollerá o mércores 29 de xullo de 2026 un pleno extraordinario de carácter festivo e un acto de homenaxe a Luz Casal co gallo do seu nomeamento como Filla Adoptiva do municipio. A sesión estará aberta ao público e contará coa presenza da cantante.
O Concello de Camariñas concederalle a súa máxima distinción para recoñecer a súa traxectoria artística e o seu papel como embaixadora da vila. A súa emblemática interpretación da cantiga tradicional «Camariñas» levou o nome da localidade a públicos de todo o mundo e a algúns dos auditorios máis prestixiosos.
A peza, recuperada da tradición oral e convertida nun clásico da música folk por Luar na Lubre a finais dos anos noventa, acadou unha nova dimensión cando Luz Casal a incorporou ao seu repertorio. Na súa voz converteuse nun vínculo entre Camariñas, o mar, a veciñanza, a diáspora e as persoas amantes da música.
A artista, natural de Boimorto, recibiu a noticia con emoción e agradecemento, e afirmou que este recoñecemento supón para ela «un honor grandísimo». Con este nomeamento, o Concello e a veciñanza de Camariñas reforzan o estreito vínculo de Luz Casal coa terra das palilleiras.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Concello de Camariñas
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!