O Feirón de Senande 2026 celebrarase o luns 6 de xullo cunha xornada chea de artesanía, gastronomía, produtos ecolóxicos e agrícolas, música e actividades para todos os públicos. A cita forma parte da programación de Muxía Itinerante e converterá Senande nun espazo de encontro arredor da cultura, dos oficios e dos sabores do territorio.
A programación comezará ás 11:00 horas cun obradoiro de percusión impartido por EcoperCussion e cun obradoiro de palla trenzada da man da Asociación Trenzarte. As actividades contan con prazas limitadas e as inscricións deberán realizarse na Biblioteca Municipal. Ás 13:00 horas terá lugar unha exhibición da Danza Tradicional de Vilastose, seguida dun vermú musical a cargo de Xaramiños do Corpiño.
Pola tarde, a partir das 16:30 horas, o Feirón de Senande continuará cos concertos de Os Melidaos e Tona. Unha proposta para desfrutar en familia, coñecer produtos locais, achegarse á artesanía e compartir unha xornada festiva nun dos encontros máis especiais do verán en Muxía.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Senande Muxía
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!