O Pazo da Cultura de Carballo acolle a exposición do XVIII premio de arte gráfica Jesús Núñez, unha mostra que recompila as obras da sección de gravado deste certame convocado anualmente pola Deputación da Coruña.
Esta exposición, organizada polo organismo provincial e o Concello de Carballo, poderá verse do 13 de xaneiro ao 1 de febreiro na sala Alberto Gende do 3º andar do Pazo da Cultura, de luns a sábado de 16.00 a 20.00 horas.
As persoas que se acheguen á mostra poderán gozar dunha selección de 30 obras, entre as que se atopa a obra gañadora, a peza «10 graos» do artista bilbaíno Juan Carlos Escudero, ademais dos accésits ao polaco Mateusz Patrzyk de Oliveira, pola obra «Painbody I» e da logroñesa Maite Pinto Zangróniz, pola obra «Vero Over».
Data de inicio
Data de fin
Pazo da Cultura de Carballo
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!