Exposición de Rosana Calvo e C. Beiro na Casa da Cultura de Vimianzo
Vimianzo
Saber máis sobre Exposición de Rosana Calvo e C. Beiro na Casa da Cultura de Vimianzo
A sala de exposicións da Casa da Cultura de Vimianzo acolle dende hoxe até o vindeiro 18 de marzo, unha exposición de gravado e pintura que corre da man de Rosana Calvo e C. Beiro. Rosana Calvo participou xa en varios talleres nacionais en técnicas especializadas en calcografía e placa solar. As súas obras xa foron expostas en varias galerías e é a fundadora de “Dous”; un taller de experimentación das Artes. Entre os traballos de C. Beiro, tamén de Noia, destaca a ilustración, entre elas dez capítulos da edición principe de “El Quijote”, e diferentes portadas e libros.
Máis detalles sobre Exposición de Rosana Calvo e C. Beiro na Casa da Cultura de Vimianzo
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!