Os Cines Xunqueira de Cee acollerán o domingo 9 de agosto ás 12:00 horas a estrea de «Pepe do Fieiro, o neno do Monte Pindo», unha peza documental de 35 minutos dedicada a José Rodríguez Ramos, Pepe do Fieiro.
A obra percorre a fonda relación de Pepe co Monte Pindo, o lugar onde naceu e medrou, e pon en valor a súa memoria, o seu coñecemento da paisaxe e o agarimo que sente por cada recuncho deste monte. A peza foi realizada por Pepe Formoso, Federico Pérez Rey, Jaime Pérez e Voro Santos, con música de Xabier Díaz.
Unha mañá de cinema e memoria para achegarse, desde unha mirada íntima e agarimosa, a unha figura fondamente ligada ao Monte Pindo e á súa historia.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Cines Xunqueira, Avenida Lino Rodríguez Madero, 6, Cee
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!