2026
6
Xuño

Escora Danza Costa da Morte

Cultura
Corcubión, Malpica, Mazaricos, Vimianzo

Saber máis sobre Escora Danza Costa da Morte

A quinta edición de Escora Danza Costa da Morte comezará o sábado 6 de xuño en Vimianzo e percorrerá tamén os concellos de Corcubión, Malpica de Bergantiños e Mazaricos. O ciclo, impulsado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, aposta pola danza contemporánea, a música tradicional, a creación escénica internacional e o diálogo co territorio.

Esta nova edición pon o foco na mediación cultural, na participación social e na diversidade de corpos, idades e formas de entender a danza. Escora propón unha programación próxima, accesible e conectada coa comunidade, levando as artes do movemento a diferentes espazos da Costa da Morte.

  • Sábado 6 de xuño, Vimianzo: a Casa da Cultura acollerá desde as 18:30 h a xornada inaugural, coa participación dos Coros de Cereixo e Carnés xunto coa danza de Eva Comesaña. Tamén se representará Ma p’tite dame, da creadora francesa Claire Heggen, na súa primeira actuación en Galiza. Entrada de balde ata completar cabida.
  • Domingo 7 de xuño, Corcubión: programa coas pezas Ouveo, de Mikel Aristegui, Son libre, de Mikel Aristegui e Clara López Villar, e a presentación de As pegadas do baile, de Artur Puga.
  • Sábado 13 de xuño, Malpica de Bergantiños: o porto acollerá os espectáculos SO-FA(R) FROM ME, proposta aérea da compañía Martaalonsotejada, e O. Que todo volva comezar, da AC Raigañas, dirixido por Rut Balbís.
  • Domingo 14 de xuño, Mazaricos: o recinto feiral da Picota será o escenario de Traktor, coa veciñanza de Mazaricos, baixo a dirección e coreografía de Anuska Fernández e coa colaboración de Yas Deluaces; e de A noite do cuco, de Jandross Rodríguez. A xornada rematará cunha sesión DJ a cargo de WG83.

Escora Danza Costa da Morte é unha oportunidade para descubrir a danza como unha linguaxe viva, aberta e compartida, capaz de crear vínculos entre artistas, veciñanza, asociacións e concellos.

Escora Danza Costa da Morte

Máis detalles sobre Escora Danza Costa da Morte

Data de inicio

Sábado, 6 de Xuño de 2026

Data de fin

Domingo, 14 de Xuño de 2026

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

XVII Concentración de Motos Antigas de Zas

A XVII Concentración de Motos Antigas de Zas celebrarase o 14 de xuño, nunha xornada pensada para os...

Fecha de inicio

Domingo, 14 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Sociocultural de Zas

Fiesta San Antonio 2026 en Agualada

A Fiesta San Antonio 2026 en Agualada, no concello de Coristanco, celebrarase os días 13 e 14 de xuñ...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Agualada - Coristanco

Escora Danza Costa da Morte

A quinta edición de Escora Danza Costa da Morte comezará o sábado 6 de xuño en Vimianzo e percorrerá...

Fecha de inicio

Sábado, 6 de Xuño de 2026

Lugar

Feirauto 2026 en Baio

Feirauto 2026 en Baio celebrará a súa 57ª edición os días 12, 13 e 14 de xuño na Praza Jorge Mira, n...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Praza Jorge Mira, Baio

Festa da Música 2026 en Vimianzo

A Festa da Música 2026 en Vimianzo celebrarase o venres 19 de xuño ás 21:00 horas no Auditorio da Ca...

Fecha de inicio

Venres, 19 de Xuño de 2026

Lugar

Casa da Cultura de Vimianzo

Curso de Debuxo, Pintura e Creatividade con Laura Suárez

Do 7 de outubro ao 19 de xuño, cada martes e xoves a Aula de Plástica do IES Fernando Blanco convert...

Fecha de inicio

Martes, 7 de Outubro de 2025

Lugar

IES Fernando Blanco Cee

II Xantar do Pueblo en Carantoña

O II Xantar do Pueblo en Carantoña será unha desas citas pensadas para xuntarse arredor da mesa, da ...

Fecha de inicio

Sábado, 20 de Xuño de 2026

Lugar

Carantoña Vimianzo

Festa Charramandeira de Caión 2026

O verán comeza con moita retranca e ganas de festa en Caión coa chegada da Festa Charramandeira de C...

Fecha de inicio

Sábado, 20 de Xuño de 2026

Lugar

Caión (A Laracha)

IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

A IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose chega a Zas cunha edición histórica, marcada por un r...

Fecha de inicio

Sábado, 23 de Maio de 2026

Lugar

Centro Sociocultural de Baio
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg