Inclúe visita ao museo dos muíños de Golmar e andaina de 4 km polo río Acheiro.
O CONCELLO PROGRAMA TRES XORNADAS PARA COÑECER O PATRIMONIO MUNICIPAL VINCULADO AOS MUÍÑOS DE AUGA
Faranse os xoves días 10, 17 e 24 de agosto en horario de mañá. A inscrición xa está aberta.
1 de agosto de 2023. Os entornos fluviais do termo municipal da Laracha posúen unha extraordinaria riqueza paisaxística, medioambiental e etnográfica vinculada aos muíños de auga que o Concello anima a coñecer a toda a cidadanía.
Precisamente con ese obxectivo os tres próximos xoves (días 10, 17 e 24 de agosto) en horario de mañá (de 10:00 a 13:00 horas) realizarase unha actividade consistente nunha visita ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte que se complementará cunha andaina de 4 quilómetros a carón do Acheiro na que poderán observarse os restos de antigos muíños ao paso do río polas parroquias de Golmar e de Vilaño.
A inscrición, que é gratuíta, xa está aberta e debe formalizarse acudindo á oficina de información turística de Caión ou chamando ao 981604324.
A Ruta da muiñeira a ritmo do río Acheiro que se vai realizar nesas tres xornadas cunha guía municipal especializada está incluída dentro do programa A Laracha Activa, que propón ese e outros seis percorridos para realizar de forma autónoma en calquera época do ano.
Data de inicio
Data de fin
Centro de Interpretación dos Muiños de Auga da Costa da Morte
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!