O vindeiro sábado 16 de xuño Asociación Monte Pindo Parque Natural e Asociación Micolóxica Pan de Raposo de Cee organizamos unha visita guiada ao Monte Pindo para aprender a recoller cogumelos e comprobar que non só son cousa do outono senón que se dan practicamente todo o ano, tamén en pleno mes de xuño. Esta xornada lúdica é idónea para pasar con toda a familia, pois a zona é moi fácil de percorrer ao transcorrer case por completo por pistas de terra e chan. Por suposto, a asistencia é libre e gratuíta. Para participar só hai que presentarse ás 10:00 h na área recreativa da aldea do Fieiro. O regreso, ao mesmo lugar, está previsto sobre as 14:00 h. Todos os fungos que se identifiquen durante a visita pasarán a engrosar o Catálogo de Especies do Monte Pindo co cal a visita tamén tereá un gran valor científico ao permitir coñecer mellor a biodiversidade do Olimpo Celta, que xa arroxa cando menos catro especies de fungos consideradas en perigo na Lista Vermella.
Data de inicio
Data de fin
Monte Pindo
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!