Hai tardes que prestan especialmente cando se comparten. Este sábado 17 de outubro de 2026, ás 18:00 h, a Sala Gervasio Sar de Muxía acolle o Café de Outono organizado pola asociación Muxianas de Fóra: un encontro para conversar, crear cousas coas mans e pasar un bo anaco en compañía.
A proposta combina unha merenda compartida con obradoiros de acuarela e bordado e un pequeno mercadiño de segunda man. Unha oportunidade para intercambiar, doar ou vender obxectos que aínda teñen moita vida por diante, mentres gozamos dun ambiente acolledor.
Se che apetece, trae os teus propios doces ou bebidas para compartir. Non fai falta ter experiencia nos obradoiros: o importante é achegarse e participar.
Desde o Concello de Muxía animamos á veciñanza e a quen nos visite a sumarse a esta iniciativa de Muxianas de Fóra. Unha escusa fermosa para coñecerse, compartir ideas e darlles unha segunda oportunidade ás cousas. Para máis información, consulta @muxianadefora en Instagram.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Sala Gervasio Sar, Edificio de Servizos Múltiples, Praza da Camposa, Muxía
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!