Este venres 16 de outubro, as Tardes con Apego regresan a Carnota cun encontro para compartir historias, música e agarimo en familia. Bea Campos trae Limón, contos e cantos, un espectáculo pensado para crianzas de 0 a 4 anos e as persoas que as acompañan.
Durante 35 minutos, os contos conviven cos arrolos, as cancións e os xogos para bebés nunha proposta cálida e participativa. Unha oportunidade para descubrir o pracer dos libros, escoitar a lingua galega e crear recordos compartidos dende o berce.
Para participar é necesario reservar praza escribindo a cultura@carnota.gal ou chamando ao 981 106 331. Na inscrición hai que indicar o nome das crianzas, o nome das persoas adultas acompañantes (máximo dúas por familia) e un teléfono de contacto.
A actividade está organizada pola Axencia de Lectura Municipal de Carnota e financiada pola Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Salón de actos do Concello de Carnota, Praza de San Gregorio, 19, Carnota
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!