Muxía acollerá os días 5 e 6 de outubro de 2026 a segunda reunión do proxecto europeo LDA-NEXT e un taller transnacional de intercambio de experiencias centrado no papel dos axentes de desenvolvemento local. O encontro reunirá representantes dos distintos territorios participantes para compartir coñecemento, identificar retos comúns e avanzar en novas prioridades de cooperación.
Baixo o lema «Potenciar aos axentes de desenvolvemento local para unha Europa cohesionada», as xornadas abordarán o valor destes profesionais como nexo entre territorio, cidadanía, tecido económico e administracións. O obxectivo é coñecer experiencias, compartir boas prácticas, detectar necesidades e formular propostas que poidan trasladarse á axenda europea.
A primeira xornada desenvolverase na Casa de Trillo, en Santa Mariña (Muxía). O programa combinará unha sesión en formato híbrido con dinámicas de cocreación, intercambio de boas prácticas, debate e networking entre as persoas participantes.
Pola tarde celebrarase a segunda reunión do Comité de Dirección de LDA-NEXT, seguida dunha visita a diferentes recursos e iniciativas do concello de Muxía vinculados ao territorio e ao desenvolvemento local.
O martes 6 de outubro, o encontro continuará cunha xornada orientada a coñecer boas prácticas e recursos da Costa da Morte. A proposta permitirá achegar as persoas participantes a experiencias do territorio e reforzar o intercambio entre axentes de desenvolvemento local de diferentes contextos europeos.
O taller converte Muxía nun punto de encontro para profesionais e entidades interesadas no desenvolvemento local, na cooperación territorial e no deseño de respostas compartidas ante os retos das comunidades europeas.
O programa completo e a información actualizada do encontro poden consultarse na web de AFIPRODEL: afiprodel.org/afiprodel/lda-next-muxia/.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Casa de Trillo, Santa Mariña, Muxía
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!