O 4 de outubro de 2026, ás 20.00 h, o Auditorio da Casa da Cultura de Corcubión acollerá a actuación de Cheny Wa Gune, músico, compositor, intérprete, produtor, docente e investigador mozambicano.
Nado en Maputo en 1980, é un dos referentes na difusión da música e dos instrumentos tradicionais de Mozambique, especialmente da timbila, o chitende, a chigovia e a percusión, que combina con sons contemporáneos para crear unha linguaxe musical propia.
Cofundador de Timbila Muzimba e cunha ampla carreira en solitario, a súa música levouno a escenarios de África, Europa, América Latina e Asia, participando en numerosos festivais e proxectos de intercambio cultural. A súa relación con Galicia inclúe participacións en eventos como WOMEX Galicia 2016, Trad Fest de Santiago de Compostela e o Festival Maré.
Ao longo da súa traxectoria colaborou con artistas como Selma Uamusse, Jorge Pardo, Xixel Langa, Natali Natiambé e Hélio Beatz, e desenvolveu tamén unha importante actividade como docente e investigador, traballando na transmisión e preservación da tradición musical mozambicana.
Unha oportunidade para achegarnos á riqueza da música de Mozambique e descubrir unha proposta que une tradición, creación contemporánea e intercambio cultural.
Organiza: Deputación da Coruña – A Cultura é un Dereito
Colabora: Concello de Corcubión
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Auditorio da Casa da Cultura de Corcubión
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!