Vimianzo celebrará do 7 ao 9 de agosto de 2026 as súas tradicionais festas cunha ampla programación de concertos, sesións vermú, verbenas e actos relixiosos. Tres xornadas nas que pasarán pola vila destacadas formacións como Despistaos, Ráfaga, El Combo Dominicano, Cinema, La Fórmula e Principal.
O venres 7 de agosto actuarán Pol 3.14 e Despistaos, seguidos da orquestra Cinema. O sábado 8 haberá pasarrúas coa Banda de Música de Ponteceso e Trubisquiñas e, ás 13:00 horas, misa cantada na honra da Virxe do Carme. A sesión vermú estará amenizada polo Dúo D’Festa e, pola noite, celebrarase unha gran verbena con El Combo Dominicano e a orquestra La Fórmula.
O domingo 9 de agosto comezará con pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Trubisquiña. Ás 13:00 horas celebrarase a misa cantada na honra de San Roque, seguida da sesión vermú co Dúo La Fábula. A programación pecharase cunha gran verbena que incluirá o concerto de Ráfaga, a actuación da orquestra Principal e a música de DJ Josiño Destroyer.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Praza do Concello de Vimianzo
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!