As Festas da Virxe do Carme 2026 en Corcubión celebraranse do 16 ao 18 de xullo cunha programación que combina tradición mariñeira, actos relixiosos, música e propostas para todas as idades. Tres días para vivir unha das celebracións máis especiais da vila e acompañar á patroa das xentes do mar.
O día grande será o xoves 16 de xullo, coa misa cantada e a tradicional procesión marítima da Virxe do Carme, acompañada pola Banda de Música de Cee. As sesións vermú e as verbenas prolongarán a festa durante as tres xornadas, coa participación das orquestras Salsarena, Escaparate e Judith Cundins, ademais de CDC e Mega CDC.
As Festas do Carme de Corcubión volverán encher a vila de música e ambiente festivo, mantendo moi presente a súa estreita relación co mar e coa devoción á Virxe do Carme.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Corcubión
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!