O San Xoán no Camping Lago-Mar celebrarase o martes 23 de xuño a partir das 19:00 horas, dentro da programación de xuño en Lagomar. Unha cita para recibir unha das noites máis especiais do ano cunha combinación moi nosa de música tradicional, encontro, baile e gastronomía.
A celebración contará coa actuación de Os Roquiños e cun convidado especial, ademais dunha foliada libre aberta á participación. Quen queira poderá achegarse cos seus instrumentos e sumarse a unha tarde-noite na que a música compartida e o ambiente festivo serán os grandes protagonistas.
A programación completarase cunha sardiñada, imprescindible nunha celebración de San Xoán xunto ao mar. A entrada será mediante entrada inversa, permitindo que cada persoa valore libremente a experiencia. Un plan perfecto para compartir o comezo do verán nunha contorna natural da Costa da Morte.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Camping Lago-Mar
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!