A exposición de pinturas Galicia, paisaxes con luz poderá visitarse do 10 de xuño ao 31 de xullo, nunha mostra colectiva que reúne diferentes miradas artísticas arredor da paisaxe galega, da súa luz e da súa identidade visual.
A exposición está realizada polo Colectivo Lucet e inclúe obras nas que aparecen escenas vinculadas ao mar, ao rural, ás embarcacións, aos faros e ás paisaxes abertas de Galicia. Un percorrido pictórico que convida a deterse nos detalles, nas cores e nas sensacións que transmiten estes lugares tan recoñecibles e, ao mesmo tempo, tan persoais.
Na mostra participan Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Melania Gómez Barral, María Dolores Mato Gómez, Francisco Hervella Rodríguez, María del Carmen Valverde Navarro, Julia San Martín del Barrio e Salvador Galbán Dios. A exposición Galicia, paisaxes con luz é unha boa oportunidade para achegarse á pintura e descubrir Galicia a través da sensibilidade de diferentes artistas.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Faro Vilán
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!