O Obradoiro de Tempo Libre 2026 é unha actividade de conciliación organizada no Concello de Camariñas para persoas nadas entre 2022 e 2014. Desenvolverase en Camariñas, Camelle e A Ponte do Porto, en horario de 10:00 a 13:30 horas, de luns a venres, cunha programación pensada para que os nenos e nenas desfruten do verán con xogos, convivencia e actividades adaptadas á súa idade.
O obradoiro contará con catro quendas: do 2 ao 15 de xullo, do 20 ao 31 de xullo, do 3 ao 14 de agosto e do 17 ao 28 de agosto. As prazas por quenda serán de máximo 90 e mínimo 30 en Camariñas, máximo 30 e mínimo 20 na Ponte do Porto, e máximo 30 e mínimo 20 en Camelle. O prezo será de 30 € por quenda.
A preinscrición obrigatoria estará aberta do 1 ao 8 de xuño a través do correo deportes@camarinas.net, presencialmente na oficina do Departamento de Deportes ou mediante o formulario indicado no cartel. Terán preferencia as persoas empadroadas e, no caso de recibir máis solicitudes ca prazas dispoñibles, realizarase sorteo. Para máis información pódese contactar coa Oficina de Deportes do Concello no teléfono 665 134 152 ou no correo deportes@camarinas.net.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Concello de Camariñas
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!