As Torres do Allo celebran o Día das Letras Galegas cunha xornada especial pensada para achegar a lectura, a creatividade e a lingua galega aos máis pequenos nun dos espazos patrimoniais máis singulares da Costa da Morte. A actividade terá lugar o 16 de maio baixo o título “Pequen@s lector@s, grandes creacións”, dentro da programación cultural do Concello de Zas.
A proposta principal será un obradoiro creativo de elaboración de marcapáxinas, dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos, así como a persoas adultas que queiran participar. Durante a actividade, as persoas asistentes poderán deseñar e personalizar os seus propios marcapáxinas empregando diferentes técnicas e materiais, nunha experiencia que une expresión artística, lectura e posta en valor do galego.
A xornada complétase coa exposición temporal “Os Riobóo, a saga do Allo”, visitas guiadas ás 13:00 e ás 17:00 horas e o xogo de pistas “O legado de Francisca”, unha proposta familiar para descubrir o conxunto patrimonial dun xeito participativo. Todas as actividades son de balde, pero requiren inscrición previa nos Centros Socioculturais de Zas e Baio, nos teléfonos 981 751 398 e 981 718 056, ou no correo info@torresdoallo.gal.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Torres do Allo
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!