A Feira das Letras en Baio chega do venres 8 ao domingo 10 de maio cunha fin de semana chea de libros, cultura, música, actividades familiares e tamén sabor local. A proposta, que une Baio ten a pelota coa Feira do Libro, converterá a vila nun punto de encontro para mercar, pasear, descubrir novas lecturas e gozar dun ambiente moi especial nas rúas.
Durante os tres días haberá ata un 20% de desconto nas tendas, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, ademais dunha ruta de tapas con servizo de 12:00 a 16:00 e de 19:00 a 23:00 horas. A actividade principal desenvolverase na praza Jorge Mira, excepto as charangas e pasarrúas, que serán itinerantes polas rúas de Baio, enchendo a localidade de música e ambiente festivo.
O programa inclúe a apertura da carpa da feira, presentacións literarias como “Begoña Caamaño”, “Gorrións e Falcóns” ou “O mapa da túa sexualidade”, propostas de memoria histórica arredor da represión e o franquismo na Costa da Morte, proxección da película “San Simón”, diversión infantil con rocódromo, tirolina e inchables, ademais das actuacións da Charanga Os Celtas, Churía e AC Adro, Os Atrevidos e varios pases do Mago Antón. Unha cita perfecta para vivir Baio con libros, comercio, hostalaría e moita vida na rúa.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Baio (Zas)
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!