2026
2
Abril

XIII Víndemo Ver ao Solpor en Carnota

Exposicións, Starlight
Carnota

Saber máis sobre XIII Víndemo Ver ao Solpor en Carnota

Carnota volve facer do Víndemo Ver unha viaxe pola memoria e pola identidade local, e este 2026 faino cun protagonista que xa é parte do noso imaxinario: o Solpor. Do 2 ao 5 de abril, a praza de San Gregorio converterase nun espazo para pasear, mercar produto de proximidade e vivir a feira con calma, entre tradición, artesanía e ambiente festivo.

Durante os catro días haberá Mercado da Deputación con postos de horta, propostas ecolóxicas e artigos locais, xunto a artesanía, zonas de comida e bebida ao aire libre e unha chea de actividades para todos os públicos. A programación arrinca o xoves 2 ás 17:00 h coa inauguración e a presentación do espectáculo audiovisual inmersivo “Os nosos ceos: Costa da Morte” (Antonio Nodar e Frank Bushmann). O venres 3 chega a proba BTT con saída ás 09:30 h dende o pavillón de Carnota, e en paralelo a xincana infantil de bicicletas dende as 10:30 h (bicicleta e casco propios). O sábado 4 será a Andaina do Solpor, un percorrido duns 12 km con saída ás 18:30 h dende a praza de San Gregorio (traslado en bus ao inicio e ruta maioritariamente pola ladeira do monte de Carnota).

Haberá tamén xogos e obradoiros para a rapazada, música e cultura tradicional (Banda de Gaitas Longarela, Charanga Santa Compaña e Agrupación Folclórica Ximiela) e concertos para animar as noites: xoves 2 (22:00 h) Chiña e karaoke; venres 3 (22:00 h) Los Lunes al Sol e The Balayos; e sábado 4 Tian GZ, Xian Pais e Ortiga. Durante todo o evento poderanse visitar as exposicións “En busca del rayo verde. Atardeceres en el último segundo del sol” (Ana García) e “Un mar de cunchas”. E para completar a experiencia… vinde caracterizados da época e metédevos de cheo no espírito do Víndemo Ver.

Víndemo Ver 2026 en Carnota

Máis detalles sobre XIII Víndemo Ver ao Solpor en Carnota

Data de inicio

Xoves, 2 de Abril de 2026

Data de fin

Domingo, 5 de Abril de 2026

Lugar de celebración

Carnota

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Festas de Santiago Apóstolo en Mens 2026

As Festas de Santiago Apóstolo en Mens 2026 celebraranse do 24 ao 27 de xullo en Mens, no concello d...

Fecha de inicio

Venres, 24 de Xullo de 2026

Lugar

Mens

Vilaño 2026

Vilaño 2026 celebrarase do 18 ao 27 de xullo en Vilaño, A Laracha, cunha programación que reúne fest...

Fecha de inicio

Sábado, 18 de Xullo de 2026

Lugar

Vilaño, A Laracha

Presentación de Lope Sánchez de Moscoso, un vizconde no tempo de Enrique IV de Castela

O luns 27 de xullo de 2026 ás 18:30 h, o salón de actos do Concello de Fisterra acollerá a presentac...

Fecha de inicio

Luns, 27 de Xullo de 2026

Lugar

Salón de actos del Concello de Fisterra, Rúa Santa Catalina 1

«Sol Fuerza», teatro de Carriza

A obra de teatro «Sol Fuerza», de Carriza, representarase o 27 de xullo de 2026 ás 20:00 horas no Au...

Fecha de inicio

Luns, 27 de Xullo de 2026

Lugar

Auditorio Municipal de Cabana de Bergantiños, A Carballa

Operación Barranco en Bértoa

A compañía Vagalume Animación representará a obra de teatro afeccionado Operación Barranco o martes ...

Fecha de inicio

Martes, 28 de Xullo de 2026

Lugar

Centro Social de Bértoa

Acto de recoñecemento aos clubs deportivos de Cee 2025-2026

O acto de recoñecemento aos clubs deportivos de Cee da tempada 2025-2026 celebrarase o martes 28 de ...

Fecha de inicio

Martes, 28 de Xullo de 2026

Lugar

Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee

Expo LEGO de verán en Laxe

A Expo LEGO de verán en Laxe amplía a súa apertura ata o 28 de xullo de 2026 na Biblioteca Pública M...

Fecha de inicio

Luns, 6 de Xullo de 2026

Lugar

Biblioteca Pública Municipal de Laxe Antón Zapata García

As herbas que curan: obradoiro e vieiro de etnomedicina

As herbas que curan é un obradoiro e vieiro de etnomedicina que se celebrará o mércores 29 de xullo ...

Fecha de inicio

Mércores, 29 de Xullo de 2026

Lugar

Casa do Pendón, Cabana de Bergantiños

Jam session de Jorge Lorre & Friends no Camping Lago-Mar

A jam session de Jorge Lorre & Friends celebrarase os días 27, 28 e 29 de xullo de 2026 ás 19:30...

Fecha de inicio

Luns, 27 de Xullo de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar, Lago
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.