2025
12
Decembro

Programa Nadal 2025 en Carnota

Festas, Relixión
Carnota

Saber máis sobre Programa Nadal 2025 en Carnota

O Programa Nadal 2025 en Carnota enche o concello de cultura, festa e encontro veciñal cun calendario que combina teatro, mercado local, música, deporte e as citas favoritas da rapazada co Apalpador, Papá Noel e as Súas Maxestades de Oriente. Un Nadal para vivir en familia, apoiar o comercio de proximidade e gozar da cultura galega en clave festiva.

Ao longo de decembro e comezos de xaneiro, teremos funcións para todos os públicos, actividades deportivas, obradoiros e unha grande Festa de Fin de Ano baixo carpa. O Pazo do Viso e a Praza de San Gregorio serán dous dos epicentros desta programación.

Consulta aquí a programación completa cos subeventos, datas, horarios e lugares. En certas actividades hai inscrición previa ou aforo limitado.

Programa Nadal 2025 en Carnota:

  • 12 decembro · 21:00 · Salón de actos do Concello de CarnotaO doente imaxinario, daquela maneira (Teatro Terra de Outes). Comedia para público adolescente e adulto (Noites Espectaculares).
  • 14 decembroII San Silvestre do Club O Jerreiro (carreira e andaina). Disfraces e chocolate con churros ao remate. Info/inscricións: www.cronotec.es.
  • 17 decembro · 18:30 · Auditorio Municipal do Viso — Concerto de Nadal da ESMU e inauguración do Auditorio.
  • 22 decembro · 18:00 · Salón de actos do ConcelloAgasallos do Apalpador (A Xanela do Maxín). Familiar, recomendado desde 3 anos.
  • 23 decembro · 18:00 · Auditorio Municipal do Viso — Recepción de Papá Noel.
  • 27–28 decembro · Praza de San Gregorio (baixo carpa)Mercado de Fin de Ano. 11:00–14:30 e 17:00–20:30. + 28 dec · 13:00 Cantos de Taberna (DOLADODOSOL). + 27 dec · 17:30 Obradoiro infantil.
  • 29 decembro · 18:00 · Salón de actos do ConcelloA cheminea do Apalpador (Títeres Cachirulo). Familiar.
  • 30 decembro · 16:00–18:00 · Pavillón de Lamas de Castelo — Xogos deportivos con FER (6–14 anos). Inscrición previa en Deportes.
  • 31 decembro · desde 00:30 · Praza de San Gregorio (baixo carpa)Festa de Fin de Ano co Grupo Eureka e DJ Cabina Chocolate. Chocolate con churros de madrugada.
  • 2 xaneiro · 18:00 · Salón de actos do ConcelloCatro (Caramuxo Teatro). Teatro para bebés (0–3) e familias.
  • 5 xaneiro · todo o día · Parroquias de CarnotaTren cos Reis Magos (23 prazas). Paradas: O Pindo (Porto · ~11:00), San Mamede (Campo do Viso · ~12:30), Lariño (Centro Social Xosé de Torea · ~15:45), Lira (Casa do Mar · ~15:45), Carnota (diante do Concello · ~18:00). 17:00 · Pavillón de Carnota: festa con animación e discoteca móbil. 19:00–20:00: Recepción oficial das Súas Maxestades.
Programación de Nadal 2025 en Carnota

Máis detalles sobre Programa Nadal 2025 en Carnota

Data de inicio

Venres, 12 de Decembro de 2025

Data de fin

Luns, 5 de Xaneiro de 2026

Lugar de celebración

Carnota

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

XXXVIII Día da Muiñeira en Cee

O XXXVIII Día da Muiñeira en Cee volverá converter a vila nun punto de encontro para a música e o ba...

Fecha de inicio

Venres, 1 de Maio de 2026

Lugar

Praza 8 de Marzo Cee

Concerto de Sara Gimeno en Lagomar Camping

O Concerto de Sara Gimeno en Lagomar Camping chega como unha desas propostas perfectas para gozar do...

Fecha de inicio

Venres, 1 de Maio de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar

IV Xuntanza dos Maiores en Seaia

O 2 de maio celebrarase en Seaia a IV Xuntanza dos Maiores, unha cita pensada para compartir mesa, m...

Fecha de inicio

Sábado, 2 de Maio de 2026

Lugar

Seaia (Malpica)

Concerto de Tabernarias en Lagomar

O Camping LagoMar continúa coa súa programación de Maio en Lagomar cunha nova cita musical para goza...

Fecha de inicio

Sábado, 2 de Maio de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar

Festas de Serramo na honra á Santa Cruz

As Festas de Serramo na honra á Santa Cruz xa quentan motores para vivir unha desas xornadas que reú...

Fecha de inicio

Sábado, 2 de Maio de 2026

Lugar

Serramo - Vimianzo

INTERRITMOS Raíces Vivas en Mazaricos

INTERRITMOS Raíces Vivas chega a Mazaricos o 8 de maio cunha proposta pensada para sentir, compartir...

Fecha de inicio

Venres, 8 de Maio de 2026

Lugar

A Picota - Mazaricos

Amorinos en Cee: un espectáculo de citas

O venres 8 de maio chega a Cee Amorinos, “un espectáculo de citas” con Xosé A. Touriñán e David Perd...

Fecha de inicio

Venres, 8 de Maio de 2026

Lugar

Auditorio Baldomero Cores de Cee

II Concurso de Monólogos en Lago-Mar

O Camping Lago-Mar continúa enchendo de vida as noites de maio coa celebración das semifinais do II ...

Fecha de inicio

Venres, 8 de Maio de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar

Foliada e churrasco en Lago-Mar

O Camping Lago-Mar suma unha nova cita á súa programación de Maio en Lago-Mar cun plan pensado para ...

Fecha de inicio

Sábado, 9 de Maio de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.