O Concello de Zas convida veciños e visitantes a descubrir “A vida secreta do río” cun roteiro guiado polo paseo fluvial de Baio ata a carballeira municipal. Grazas a esta iniciativa, darase a coñecer a rica biodiversidade do río Porto, as especies autóctonas das súas ribeiras, as árbores e plantas características do ecosistema e a importancia da súa conservación.
O percorrido celébrase todos os martes e xoves do verán, con saída ás 12:00 h desde a Praza Jorge Mira Pérez e unha duración aproximada de 60 minutos. A inscrición é obrigatoria e debe realizarse indicando o día escollido a través do formulario https://bit.ly/PaseoFluvial25 ou chamando ao 981 71 80 56.
“Con esta actividade, o Concello de Zas reafirma o seu compromiso coa educación ambiental e coa posta en valor dos espazos naturais do municipio, ofrecendo alternativas de lecer sostible e de calidade durante os meses de verán, ao mesmo tempo que pon en valor un dos espazos mellor conservados da Costa da Morte”, sinala o alcalde, Manuel Muíño.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Praza Jorge Mira Pérez
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!