A festa da pataca de Coristanco é unha festa gastronómica celebrada a terceiro fin de semana de setembro na parroquia de Traba no municipio de Coristanco. A economía de Coristanco baséase en parte neste produto da horta, estando considerado este concello como a Capital da Pataca en Galicia, en referencia ás elevadas colleitas de pataca debido ás boas condicións climatolóxicas para o seu crecemento.
A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1981, ao mesmo tempo que a Cooperativa da Pataca de Bergantiños, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico. O nome de Coristanco está asociado desde hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, común na gastronomía de Galicia, atopa na comarca de Bergantiños, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmida e morna desta parte occidental de Galicia coas condicións dos seus chans explican as características que esta zona reúne para o seu cultivo.
A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, exposición de maquinaria agrícola, actuacións de grupos de gaitas e danza. Á hora da comida, repártese de modo gratuíto a todas as persoas asistentes sardiñas, cachelos (patacas cocidas coa súa pel) e viño. Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un arroio de patacas, e o baile da pataca, onde se premia a parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as súas frontes.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Traba
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!