O 25 de novembro de 2026, a Praza Cabo da Vila de Muxía converterase nun espazo para facer visibles os comentarios, xestos e actitudes machistas que aínda atopamos na vida cotiá. A actividade participativa «Sacando os trapos sucios fóra» convida a toda a veciñanza a expresarse e a sumar a súa voz contra a violencia de xénero.
A proposta é sinxela: escribir nun pano un comentario, xesto ou comportamento machista detectado no día a día e colgalo nun tendal colectivo. Cada pano axudará a sacar á luz aquilo que moitas veces se normaliza ou se cala.
Dentro da campaña #SacandoOsTraposSuciosFóra, esta acción anima a compartir experiencias e facer visible o rexeitamento á violencia machista. Participa e axuda a construír unha comunidade baseada no respecto.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Praza Cabo da Vila, Muxía
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!