O Museo de Man, en Camelle, acollerá este xoves 30 de outubro ás 19:00 horas a segunda reunión informativa da campaña de concienciación “Camariñas, a perla da limpeza ambiental da Costa da Morte”, promovida polo Concello de Camariñas e a asociación Mar de Fábula. Esta iniciativa busca sensibilizar á veciñanza sobre a importancia de coidar o mar e a contorna natural, evitando tirar lixo e contribuíndo á protección do ecosistema mariño.
A campaña inclúe a difusión dun tríptico informativo con boas prácticas ambientais, así como varias reunións nas diferentes parroquias do municipio. Tras a primeira cita celebrada na Casa de Pedra, esta segunda convocatoria diríxese especialmente aos veciños e veciñas de Camelle e Arou, que poderán achegar as súas ideas e propostas para mellorar a limpeza e o coidado do litoral.
Dende o Concello e Mar de Fábula fan un chamamento á participación activa, lembrando que a conservación do mar é unha responsabilidade compartida. Cada pequeno xesto conta para manter o noso patrimonio natural limpo e vivo, facendo de Camariñas un exemplo de respecto ambiental na Costa da Morte.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Museo de Man Camelle
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!