O FITVI · Festival Internacional de Títeres de Vilaño leva a súa programación ao Castro de Montes Claros con Latexos · As lendas do Castro, unha proposta de K’Paparota Teatro que combina narración oral, obxectos de mesa e monicreques para achegarse ao imaxinario lendario galego con humor, fantasía e retranca.
A función convida o público a entrar nun universo de seres míticos, tesouros agochados e relatos transmitidos de xeración en xeración, cunha posta en escena pensada para gozar en familia e en contacto cun enclave arqueolóxico singular da Laracha.
Despois do espectáculo, a arqueóloga Puri Soto conducirá o faladoiro As nosas lendas, unha conversa arredor da tradición oral, da memoria colectiva e das historias vencelladas ao territorio.
A tarde continuará cun picnic no castro amenizado por Paipetiques. A organización convida a levar merenda e quedar a compartir o espazo e a programación do festival.
A actividade forma parte da primeira edición do FITVI · Entre Verzas e Monicreques, organizado por Adro de Vilaño coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello da Laracha.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Castro de Montes Claros, Vilaño, A Laracha
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!