O domingo 27 de maio na zona de Reira de Camariñas, celebrase esta segunda edición da festa do Foxo dos Lobos. A asociación Dequenquen, o Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña colaboran na realización deste evento que pon en valor un un dos patrimonios inmateriais e das construcións etnográficas máis singulares da provincia: o foxo dos lobos. O foxo dos lobos da Costa da Morte, único da provincia da Coruña, é unha trampa para lobos do século XVI que ten como singularidade empregar como barreira natural o mar.
Nesta festa recuperase coa recreación dunha batida de caza tradicional, un dos patrimonios inmateriais vinculados ás zonas rurais e a unha figura mítica como é o lobo. Estas batidas son traballos comunitarios organizados que realizaban a cidadanía das parroquias baixo a dirección dunha persoa experta na caza empregando a trampa do foxo dos lobos. Nesta recreación pode participar calquera persona que o desexe.
Neste ano contamos coa presenza e música en directo dunha delegación do concello francés de La Turballe, concello irmandado con Camariñas,
Aconsellase:
– reservar prazas no bus gratuíto chamando ao 659 269 615
– para participar na recreación, podese vir vestido de labrego ou labrega e con algún elemento para facer barullo. (cacerolas, pandeiros…)
– Pode disfrutar da súa comida na zona compartindo a música e participando nesta comida campestre tradicional.
Esta festa reivindica a protección do lobo, un animal mítico e protexido que aínda sobrevive na Costa da Morte. Visibilizando unha das construcións etnográficas únicas na provincia da Coruña.
PROGRAMA. Domingo 27 de maio
11:00 saída do bus dende a praza do Concello (prazas limitadas)
11:30 Recreación Batida do lobo coa participación do público
13:30 Alboroque. Comida campestre con música. Desfrute da súa comida nun marco incomparable
Máis información Tfn 659 269 615 turismo@camarinas.net
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Camariñas
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!