Saber máis sobre Festa de Samaín 2025 no Camping Lago Mar
O Camping Lago Mar de Muxía despide outubro e a tempada 2025 cunha gran festa de Samaín chea de música, diversión e moito susto. O espazo transformarase de novo nun escenario terrorífico, decorado para a ocasión, onde a maxia do outono e o espírito do Samaín farán vibrar a toda a Costa da Morte.
Durante a noite, o público poderá gozar das actuacións de Noite Fechada, Cuernicornios e Choriso Criollo B2B Djalminha, nunha xornada que promete festa sen fin.
O cámping anima a todo o mundo a vir disfrazado, preparado para vivir unha noite inesquecible entre risas, sustos e moita boa música.
Máis detalles sobre Festa de Samaín 2025 no Camping Lago Mar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!