A Festa de Fray Diego en Vimianzo celebrarase o sábado 16 de maio cunha programación chea de música, ambiente popular e tradición. A xornada comezará cos pasarrúas cunha charanga e coa banda de gaitas AC Trubisquiña, levando a festa polas rúas antes da celebración da misa solemne a Fray Diego ás 13:00 horas.
Despois da misa continuarán os pasarrúas coa charanga e os gaiteiros, e chegará tamén a sesión vermú co Dúo La Fábula, que volverá actuar pola tarde a partir das 18:00 horas. Ás 15:00 horas haberá comida con codornices, churrasco de cerdo, criollos e hamburguesa de boi, cun prezo de 25 euros e bebida aparte.
Pola noite, a partir das 19:00 horas, a festa continuará coa actuación de The Djsave, mentres que desde as 20:00 horas tamén haberá xamón á feira e bocadillos. A organización lembra que o aforo máximo é de 200 persoas, polo que esta Festa de Fray Diego será unha cita para desfrutar con boa música, gastronomía e ese ambiente festivo que tanto presta nas celebracións populares da Costa da Morte.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Vimianzo
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!