A actriz e creadora Mariña Lestón presenta en Cee «Costa da Morte: Cartografía dun Naufraxio», unha proposta teatral que percorre a memoria marítima da Costa da Morte a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo.
O espectáculo, coproducido por Mariña Lestón e o Centro Dramático Galego, convida a mirar cara ao pasado do noso mar e a lembrar non só a quen perdeu a vida nos naufraxios, senón tamén ás familias, comunidades e persoas que quedaron en terra ou participaron nos rescates.
Cunha mirada próxima e fondamente ligada ao territorio, a obra transforma a historia oral e a música popular en materia escénica. Unha oportunidade para achegarse desde o teatro á identidade mariñeira, á memoria colectiva e ás historias que marcaron esta costa.
A función forma parte da XIII edición de O Mes da Fundación 2026, organizada pola Fundación Fernando Blanco de Lema.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Casa da Cultura de Cee, Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9, Cee
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!