O domingo 8 de novembro de 2026, ás 17:00 horas, o Auditorio da Casa da Cultura da Picota, en Mazaricos, acolle As Formas do Amor, unha proposta teatral de Verdeveras que nos leva por un percorrido de emocións, encontros e despedidas.
Ela e el foron parella. Compartiron amores inesquecibles e, despois de tanto tempo separados, quizais chegou o día de atoparse de novo. Unha historia próxima e chea de humanidade para falar e reflexionar sobre iso que chamamos «amor».
A función forma parte do Circuíto en Igualdade da Deputación da Coruña, un programa que invita a pensar nas relacións e na importancia de construír vínculos saudables, respectuosos e baseados na igualdade.
Anímate a desfrutar dunha tarde de teatro en Mazaricos e a descubrir, entre lembranzas e emocións, as distintas formas de querernos.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Auditorio da Casa da Cultura da Picota, Mazaricos
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!