2025
24
Decembro

Agosto Cultural e Festivo 2022

Cee

Saber máis sobre Agosto Cultural e Festivo 2022

Mércores 3. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Proxección das curtametraxes:

  • La sustituta
  • Me duele el bebé

Realizadas dentro do obradoiro de cinema O gato de Don Corleone, organizado polo Concello de Cee.

A maleta de Eva,

continucación da triloxía iniciada con O que tiras o mar, rodada baixo a dirección de Federico Alejandro Rioboó. 

Do 5 ó 8 de agosto, Música para todos!

Organiza: Asoc. Cult. Amigos da Banda.

Colaboran: Concello de Cee, Deputación de A Coruña e casas patrocinadoras

Venres 5. Praza da Constitución, 19.30 horas

Xi Memorial Manuel Rebollar

coa participación de:

Banda Escola – Música de Beade, 

Unión Musical de Meaño,

Banda de Música de Cee.

Sábado 6. Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

Actuación da  Banda de Gaitas de Forcarei acompañada do grupo Sin Son Ghaiteiros.

Domingo 7. Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

Concerto escenificado NOITE DE ZARZUELA a cargo da Banda de Cámara Arousa e Coral do Liceo de Vilagarcía. 

Unha selección dos fragmentos máis coñecidos da Zarzuela Española, cunha vistosísima posta en escea. 

Luns 8. Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

A.C. Amigos do Acordeón das Rías Baixas

Concerto a cargo desta formación fundada hai máis de 15 años en Meaño.

Aforo limitado

Os días, 3, 4 e 5 de Agosto os socios poderán retirar as súas localidades, a partir das 11 horas da mañá ata ás 13 horas. 

As localidades restantes ata completar aforo, poñeranse á venda unha hora antes do comezo de cada actuación cun prezo de 10€ por función. Tamén se dispoñerá dun abono para días 6, 7 e 8 de agosto por un importe total de 20€.

Martes 9. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Actuacións de: Grupo de gaitas e baile da A.R.C.E. Pedras Miúdas de Lires.

Grupo de gaitas da S.D.C.R. Cultural Fumes do Cal de Ameixenda.

Asoc. Cultural Terra de Sena de Cee e Asoc. Cultural Petaforte de Pereiriña.

Mércores 10. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Actuacións de: Escola de Danza Breogán da S.D.C. de Brens.

Grupo de gaitas e pandereteiras de AA.VV. de Toba.

Grupo Mestura Folk de Brens.

Xoves 11. Praza da Constitución, 21.00 horas

Galicia Ilusiona chega a Cee con Lore Lavand.

Disfruta do mellor festival de maxia e ilusionismo o día 11 de agosto na Praza da Constitución. 

Esperámoste para encher Galicia de ilusión!

Venres 12. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Certame de Habaneras coa participación das agrupacións:

Rondalla Estrelecer (Fene)

Le Choeur de LÍnmaculée (Costa de Marfil)

Coral Ppolifónica Costa da Morte.

Xoves 18. Auditorio da Casa de Cultura, 21.00 horas

Presentación da segunda entrega das aventuras de Saltarín, publicada por Turismo de Galicia:

“Via Saltarín, ata a fin da terra” a cargo de Guadalupe Vázquez.

Do 19 ao 24 de agosto

Á EsCEEna!

VIII Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee

Bonos á venta na biblioteca:

  • Bono xeral (20€ polas 5 funcións no Auditorio).
  • Bono pensionistas, estudantes e desempregados (15€ polas 5 funcións no Auditorio).
  • Entrada individual:
    • xeral 7€
    • bonificada 5€ (mercaranse na taquilla o propio día de cada función 1 hora antes)

Todas as funcións comezarán ás 21.30 horas, salvo a do día 19, gratuita, que terá lugar na Praza da Constitución, se o tempo o permite, e dará comezo ás 20.30 horas.

Venres 19. Compañía Nelson Quinteiro

Pequeno cabaret infantil (TP)

Un orixinal espectáculo para público familiar que consiste na instalación dun vistoso teatrillo na praza a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo.

Un espectáculo cun ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter mooi tenro e entrañable… Avalado por citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica Feira Modernista de Cartaxena, ou o Festival NOSOLOCIRCO de Extremadura, etc.

Sábado 20. Fulano, Mengano e Citano

Top manta (+12 anos)

TOP MANTA, cóntanos unha serie de historias actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humos se funde co teatro para crear un “coctel” que nos fará estoupar coa risa.

Elenco artistico: Suso Pando, Jonathan Carmés e Manuel Pombal.

Domingo 21. Compañía de teatro Noite Bohemia

El acero de Madrid (+12 anos)

Comedia de enredos amorosos escrita por Lope de Vega en 1608 a cargo de la compañía coruñesa Noite Bohemia especializada en teatro clásico grecolatino e ganadora de numerosos premios a nivel nacional incluíndo o Premio Nacional de Teatro Grecolatino do Ministerio de Educación, o “Premio Buero” da Fundación Coca-Cola, ou o Certame de Teatro Xuvenil de Salamanca.

Luns 22. Volta e dalle teatro

Falar por falar (+12 anos)

Falar por Falar é o novo espectáculo teatral da compañía Volta e Dálle e nel un actor do medio rural (Víctor Mosqueira) e un dramaturgo da contorna urbana (Carlos Santiago) confrontan, en clave retranqueira, as súas vivencias e reflexións arredor da lingua galega. 

Elenco artístico: Carlos Santiago, Vísctor Mosqueira. 

Martes 23. Culturactiva producións

Conexión Pingüín (+12 anos)

Despois do éxito da anterior montaxe, Sénios (2018), Culturactiva Producións vovle convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.

Conexión Pingüín quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Estamos na súpes era tecnolóxicam da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.

Elenco artístico: Luis Iglesia, Marcos Orsi

Mércores 24. Producións teatrais excéntricas

O porco de pé (+12 anos)

Baixo a dirección de Quico Cadaval, asistiremos á divertidísima sátira de Vicente Risco, a medio camiño entre o circo, o barración, os fantoches e o cabarete, nun espectáculo que ten hoxe mais vixecia que nunca. 

Elenco Artístico: Patricia Vázquez, Victor Mosqueira, Evaristo Calvo.

CICLO CULTURA NO CAMIÑO 2022

Do 25 ó 28 de agosto. Praza da Constitución, 20.30 horas

Xoves 25. Especialistas Hípica Celta (Cia. Circocido-Madrid)

Circo de rúa: Tom e Son

Espectáculo familiar multidisciplinar con circo, maxia cómica, acrobacias… Despois de percorrer con gran éxito toda a Península Ibérica, Oscar e Marta Amezcua chegan a Cee para facernos pasar unha tarde divertida.

Venres 26. Especialistas Hípica Celta (Cia, El NIÑO LÁPIZ-Salamanca)

Patruyasos

Dúas personaxes escéntricas, e clave de clown, crearán mundos de fantasía, risas, sorpresa, tenrura e forza. Puro xogo a través dunha linguaxe sinxela, transparente e directa. 

Sábado 27. Mago Noel

A maxia do verán

Enturiasta da maxia familiar. Noel Fandiño conta con mais de quince anos de experiencia ó frente de diferentes espectáculos, tanto en solitario como en diversas compañías. 

Domingo 28. ODAIKO

Verán Miúdo: a Elfa Marta

A Elfa Marta, é un espectáculo no que a única personaxe deste circo, amosaranos a súa tola maneira de ver a vida a través das técnicas do circo e acrobacia.  

Luns 29. Auditorio da Casa de Cultura, 21.00 horas

Tuéjele

Representación da comedia “A tenda esquina”, do autor húngaro Miklós Lászlo, a cargo do grupo de teatro Tuéjele do I.E.S. Fernando Blanco. 

Exposicións na Casa da Cultura

Luns 18 xullo, 20.00 horas, inauguración Mar de Ardora de Ana García: do 18 ó 31 de xullo. Exposición de fotografías que teñen como base a publicación Mar de Ardora, editada polo Clúster de Turismo. 

Martes 2 de agosto, 20.00 horas, inauguración XV Exposición de pintura ó óleo Terra de Sena: do 2 ó 21 de agosto. Colección de óledos de diferentes temáticas.

Sábado 6 de agosto, 11.30 horas, inauguración Exposición de intura de Pedro Domingo: do 6 ó 21 de agosto. Retratos e paisaxes da Costa da Morte. 

Luns 22 de agosto, 20:00 horas, inauguración Acuarelas e Grafitos de Juan Jesús Lozano: do 22 de agosto ó 15 de setembro. Retratos e obxectos nos que a realidade ceense está moi presente. 

Luns 22 de agosto, 20.00 horas, inauguración de Nación Mar: Faros, Navíos e Cetáceos da Costa da Morte de Xosé Iglesias. Exposición de acuarelas do 22 de agosto ó 15 ded setembro. 

Agosto cultural festivo 2022

Máis detalles sobre Agosto Cultural e Festivo 2022

Data de inicio

Mércores, 24 de Decembro de 2025

Data de fin

Mércores, 24 de Decembro de 2025

Lugar de celebración

Concello de Cee

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Cabalgata de Papá Noel 2025 en Camariñas

A Cabalgata de Papá Noel 2025 en Camariñas traerá a maxia do Nadal ás rúas de todo o municipio. O mé...

Fecha de inicio

Mércores, 24 de Decembro de 2025

Lugar

Camariñas

Concerto de De Vacas en Carballo 2025

O Concerto de De Vacas en Carballo 2025 será unha das citas máis divertidas do programa Nadal en Car...

Fecha de inicio

Venres, 26 de Decembro de 2025

Lugar

Praza do Concello de Carballo

Espectáculo infantil “Cantaxogos” de Migallas Teatro en Cee

O grupo Migallas Teatro trae a Cee o seu espectáculo "Cantaxogos", unha proposta chea de música, xog...

Fecha de inicio

Venres, 26 de Decembro de 2025

Lugar

Auditorio Baldomero Cores de Cee

Festa infantil de Nadal 2025 en Mazaricos

A Festa infantil de Nadal 2025 en Mazaricos, organizada polo Concello de Mazaricos, celebrarase no R...

Fecha de inicio

Venres, 26 de Decembro de 2025

Lugar

recinto ferial Concello de Mazaricos

Previa Zona Norte de fútbol sala en Cabana 2025

A Previa Zona Norte de fútbol sala en Cabana 2025 celebrarase o sábado 27 de decembro no Polideporti...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Decembro de 2025

Lugar

Polideportivo Municipal de Cabana de Bergantiños

Noite de monólogos en Vimianzo 2025

A Noite de monólogos en Vimianzo 2025 promete encher de risas a Praza do Concello co grupo Monólogos...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Decembro de 2025

Lugar

Praza do Concello de Vimianzo

Festas de Pasarela-Calo 2025

As Festas de Pasarela-Calo 2025 en Vimianzo chegan con todo o sabor das festas de inverno: tradición...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Decembro de 2025

Lugar

Pasarela - Vimianzo

Concerto de fin de ano da Banda de Música de Cee 2025

O Concerto de fin de ano da Banda de Música de Cee 2025 será a gran cita musical co que o concello d...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Decembro de 2025

Lugar

Auditorio Baldomero Cores de Cee

II Cros Souto de San Roque en Corcubión

O II Cros Souto de San Roque volve a Corcubión para encher de deporte o fermoso Souto de San Roque d...

Fecha de inicio

Domingo, 28 de Decembro de 2025

Lugar

San Roque Corcubión
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.