O mércores 25 de novembro de 2026, ás 12:00 h, o Salón de Actos do Concello de Fisterra acolle o acto institucional polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A cita dará voz ao compromiso da comunidade educativa e á reflexión colectiva fronte á violencia machista.
A Área de Igualdade do Concello facilitou aos centros educativos materiais e propostas para traballar nas aulas a igualdade, o respecto e a prevención da violencia machista. No acto, os centros compartirán os resultados mediante unha acción simbólica de sensibilización cidadá, dando visibilidade ás ideas e ao compromiso da infancia e da adolescencia.
A programación inclúe a lectura do Manifesto Institucional contra a violencia de xénero, a cargo da alcaldesa en funcións, Susana Rodríguez Nemiña. A lectura poderá seguirse en directo a través das redes sociais oficiais do Concello de Fisterra.
O municipio súmase tamén á campaña provincial DE FRONTE á violencia de xénero, promovida pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña.
Data: 25 de novembro de 2026. Hora: 12:00 h. Lugar: Salón de Actos do Concello de Fisterra, rúa Santa Catalina, 1.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Salón de Actos do Concello de Fisterra, Rúa Santa Catalina 1, Fisterra
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!