Hai voces que gardan a memoria dun pobo. A memoria das avoas volve a Berdeogas para homenaxear as nosas mestras da tradición oral: mulleres creadoras e transmisoras da cultura popular galega, que souberon manter vivos os saberes e as lembranzas de xeración en xeración.
Temos unha cita o sábado 21 de novembro de 2026, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura de Berdeogas, en Dumbría. Unha oportunidade para recoñecer a importancia das persoas que nos legaron palabras, músicas e historias que forman parte de quen somos.
A cultura popular non vive só nos libros: tamén medra nas voces de quen a comparte. A memoria das avoas quere poñer no centro esas mulleres que crearon e transmitiron o noso patrimonio oral, recoñecendo a súa pegada na memoria colectiva galega.
Organiza a Asociación de Gaiteirxs Galegxs (AGG), coa subvención de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Dumbría.
Para saber máis: 661 637 696 · secretaria@gaiteirosgalegos.gal.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Casa da Cultura de Berdeogas (Centro Social e Cultural de Berdeogas), Dumbría, A Coruña
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!