Hai tardes de outono que saben a castañas recén asadas e soan a música tradicional. O sábado 14 de novembro de 2026, as Torres do Allo, en Zas, volven reunir a veciñanza e as persoas que visitan a Costa da Morte arredor dun magosto popular de balde, desta volta tamén con maxia para toda a familia.
De 17:00 a 18:00 horas, o mago Samuel Moreno abrirá a programación cun espectáculo cheo de humor, sorpresas e participación do público. Un plan para gozar en familia nun lugar tan especial como este pazo histórico de Zas.
Ás 18:00 horas comezará o magosto nas Torres do Allo, con reparto gratuíto de castañas asadas e música e baile en directo da Asociación Cultural Adro e da Asociación de Baile Tradicional Churía. Unha maneira sinxela e fermosa de compartir unha das tradicións máis queridas do outono galego.
Ao longo da tarde tamén haberá unha cantina atendida polo alumnado de 4º da ESO do IES Maximino Romero de Baio para recadar fondos destinados ás súas actividades escolares e á viaxe de fin de curso.
Organiza a Concellería de Cultura do Concello de Zas, coa colaboración da Deputación da Coruña. Podes atopar máis información na web das Torres do Allo ou escribir a info@torresdoallo.gal.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Torres do Allo, Lugar do Allo nº 1, O Allo, Baio, Zas, A Coruña
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!