Entidade sen ánimo de lucro que representa aos empresarios camariñáns. Desenvolvemos o entorno social e cultural do concello de Camariñas. Xestionamos o Faro Vilán.
Horario de apertura:
-Faro Vilán: de mércores a domingos de 11 a 18h (época COVID)
-AAEE: atención telefónica.
Accesibilidade de persoas con mobilidade reducida: Poden acceder ao interior do faro e da sala de exposicións. Non se pode visitar a linterna.
Fálase alemán, galego, castelán, francés e inglés.
Pódese practicar sendeirismo na contorna (Camiño dos Faros, Ruta litoral RC-2, Ruta Costa da Morte PRG-158).
Se ves, non te podes perder:
- Desfrutar da contorna, as vistas e do entorno natural do faro.
- Ruta costeira a pé ata Camelle, pasando polo Cemiterio dos Ingleses.
- Desfrutar do pobo, tradicións coma o encaixe e da súa gastronomía.