Eclipse na fin do mundo achega a Fisterra unha xornada divulgativa moi especial arredor do eclipse, da astronomía e da observación do ceo nun territorio tan simbólico como a Costa da Morte. A actividade celebrarase o 28 de maio no Salón de Actos do Concello de Fisterra, con aforo libre, e contará coa participación de Óscar Blanco, astrofotógrafo, monitor Starlight, cazador de eclipses e director do Centro Astronómico Trevinca.
A programación estará dividida en dúas sesións. Ás 18:00 horas terá lugar unha xornada dirixida ao sector turístico de Fisterra, pensada para conectar este fenómeno astronómico co potencial do destino e coas oportunidades que abre para a divulgación, a interpretación do territorio e o turismo de experiencias. Será unha ocasión para mirar cara ao ceo, pero tamén para entender como o firmamento pode formar parte do relato turístico da fin do mundo.
Ás 19:30 horas celebrarase a sesión aberta ao público xeral, unha proposta para todas as persoas interesadas en descubrir máis sobre os eclipses e sobre a emoción de contemplar un dos fenómenos máis fascinantes da natureza. A actividade está organizada polo Concello de Fisterra e conta coa colaboración da Asociación de Astronomía Costa da Morte.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Salón de Actos del Concello de Fisterra
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!