{"id":90029,"date":"2026-11-17T23:26:03","date_gmt":"2026-11-17T22:26:03","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=90029"},"modified":"2026-11-17T23:37:17","modified_gmt":"2026-11-17T22:37:17","slug":"cmat-vi-encontro-turismo-colaboracion-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/cmat-vi-encontro-turismo-colaboracion-costa-da-morte","title":{"rendered":"A CMAT celebra o seu VI Encontro de Turismo cunha chamada \u00e1 colaboraci\u00f3n para seguir avanzando como destino"},"content":{"rendered":"<p>A xornada reuniu 200 representantes institucionais, profesionais e entidades sociais para facer balance do traballo da asociaci\u00f3n, compartir os principais retos da Costa da Morte e reco\u00f1ecer o labor de colectivos e persoas vinculadas ao territorio.<\/p>\n<p>Cinco anos despois da s\u00faa primeira edici\u00f3n, a CMAT regresou este martes ao Parador de Mux\u00eda para celebrar o VI Encontro de Turismo da Costa da Morte. A cita permitiu po\u00f1er en com\u00fan parte do traballo desenvolvido pola asociaci\u00f3n durante o \u00faltimo ano, compartir os avances e os retos do Xeodestino Costa da Morte e reco\u00f1ecer a contribuci\u00f3n de d\u00faas realidades fundamentais para o territorio: as entidades sociais e as persoas que axudan a contar e proxectar a s\u00faa identidade.<\/p>\n<p>A convocatoria congregou a 200 representantes institucionais, profesionais do sector tur\u00edstico e organizaci\u00f3ns sociais nun programa que combinou a presentaci\u00f3n de proxectos, as intervenci\u00f3ns institucionais e diferentes reco\u00f1ecementos. O regreso ao Parador, onde se celebrou aquel primeiro encontro en 2021, engadiu unha dimensi\u00f3n especial \u00e1 xornada e permitiu po\u00f1er en perspectiva o cami\u00f1o percorrido durante estes cinco anos.<\/p>\n<h2>Un ano de proxectos e novas iniciativas para o destino<\/h2>\n<p>A evoluci\u00f3n do destino pasa tam\u00e9n por seguir avanzando nunha visi\u00f3n compartida e coordinada entre os seus 17 concellos. Esta foi unha das ideas centrais da presentaci\u00f3n da actividade desenvolvida pola CMAT neste \u00faltimo ano. Marta Ba\u00f1os, consultora en Goodlife Consultor\u00eda, Asistencia T\u00e9cnica da CMAT, destacou alg\u00fans dos proxectos impulsados durante o \u00faltimo ano e incidiu na importancia de reforzar a identidade com\u00fan da Costa da Morte: \u00abTemos realidades diferentes no territorio, pero compartimos un mesmo obxectivo: desenvolver a Costa da Morte como un territorio \u00fanico\u00bb.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Pepe Formoso, presidente da Asociaci\u00f3n de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), director das empresas Bela Fisterra e Bela Mux\u00eda e representante do sector empresarial, achegou a perspectiva das empresas e profesionais que traballan directamente no destino. Na s\u00faa intervenci\u00f3n puxo o foco na trasversalidade do turismo e a importancia de recibir ao turista que decide vir \u00e1 Costa da Morte como un \u00fanico territorio.<\/p>\n<h2>Reco\u00f1ecemento ao labor das entidades sociais da Costa da Morte<\/h2>\n<p>Un dos momentos centrais desta edici\u00f3n foi a homenaxe colectiva \u00e1s entidades de inclusi\u00f3n social da Costa da Morte, unha iniciativa coa que a CMAT quixo po\u00f1er en valor o traballo que desenvolven estas organizaci\u00f3ns e a s\u00faa contribuci\u00f3n \u00e1 construci\u00f3n dun territorio m\u00e1is inclusivo e accesible. A encargada de presentar este reco\u00f1ecemento foi Margarita Lamela, vicepresidenta da CMAT e alcaldesa de Cee, quen destacou a importancia de visibilizar e reco\u00f1ecer o labor destas entidades detr\u00e1s das cales est\u00e1n as familias, as\u00ed como que \u00abo que realmente fai grande este territorio \u00e9 a s\u00faa xente e a s\u00faa capacidade de non deixar a ningu\u00e9n atr\u00e1s\u00bb.<\/p>\n<p>En representaci\u00f3n das entidades homenaxeadas interviu Adolfo L\u00f3pez, presidente de \u00cdntegro, quen agradeceu esta distinci\u00f3n e puxo en valor a importancia de visibilizar o traballo diario das asociaci\u00f3ns, sen esquecer a necesidade de seguir avanzando cara a unha Costa da Morte na que todas as persoas poidan participar e gozar das oportunidades e recursos do territorio: \u00abs\u00f3 existe un turismo inclusivo cando se adapta toda a cadea de valor\u00bb.<\/p>\n<h2>Homenaxe \u00e1s asociaci\u00f3ns de palilleiras da Costa da Morte<\/h2>\n<p>A m\u00fasica de Caama\u00f1o&amp;Ameixeiras deu paso ao bloque de intervenci\u00f3ns institucionais, no que Xos\u00e9 Regueira, vicepresidente e deputado de Turismo da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, sinalou a Costa da Morte como un gran escaparate tur\u00edstica de Galicia e conclu\u00edu na necesidade de \u00absaber entendernos, aparcar sobre o que non estamos de acordo e seguir a traballar en todo o que si o estamos\u00bb.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Xos\u00e9 Manuel Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia, destacou o compromiso da sector tur\u00edstico da Costa da Morte e traballo que est\u00e1 a desenvolver a CMAT. Trasladou que os datos avalan a madurez do xeodestino Costa da Morte, con m\u00e1is de 87 mil peregrinos neste 10 primeiros meses do ano e un incremento da ocupaci\u00f3n dun 13% nestes mesmos meses.<\/p>\n<h2>Xos\u00e9 Ameixeiras, catro d\u00e9cadas dando voz \u00e1 Costa da Morte<\/h2>\n<p>O xornalista Xos\u00e9 Ameixeiras recibiu o IV reco\u00f1ecemento Embaixador da Costa da Morte, unha distinci\u00f3n coa que a CMAT destacou a s\u00faa longa traxectoria en La Voz de Galicia e a s\u00faa contribuci\u00f3n \u00e1 difusi\u00f3n da realidade da comarca. Ao entregarlle o galard\u00f3n, o presidente da CMAT, Jos\u00e9 Manuel L\u00f3pez, puxo o foco na s\u00faa defensa dunha Costa da Morte entendida como un territorio unido: \u00abXos\u00e9 contribu\u00edu durante m\u00e1is de corenta anos a dar voz \u00e1s persoas desta comarca e a contar o que aqu\u00ed acontece. A s\u00faa traxectoria representa tam\u00e9n unha forma de entender a Costa da Morte como un proxecto com\u00fan, no que a cooperaci\u00f3n entre concellos \u00e9 fundamental\u00bb.<\/p>\n<p>Ao recibir este reco\u00f1ecemento, Xos\u00e9 Ameixeiras, centrouse na importancia da uni\u00f3n do territorio nuna misi\u00f3n com\u00fan sen deixar de reivindicar o cami\u00f1o que a\u00ednda queda por facer, pero sempre predicando coa esperanza, que est\u00e1 nesta uni\u00f3n.<\/p>\n<h2>Unha etapa de traballo compartido e novos retos<\/h2>\n<p>O presidente da CMAT e alcalde da Laracha, Jos\u00e9 Manuel L\u00f3pez, pechou o bloque institucional facendo fincap\u00e9 na importancia da colaboraci\u00f3n entre administraci\u00f3ns, concellos e sector privado para seguir avanzando cara a un destino m\u00e1is competitivo. L\u00f3pez destacou o papel das achegas municipais, cuxo incremento permitiu reforzar a capacidade econ\u00f3mica da entidade e ampliar as s\u00faas li\u00f1as de actuaci\u00f3n, as\u00ed como o apoio da Xunta de Galicia e da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a. Tam\u00e9n reivindicou a CMAT como unha ferramenta para sumar esforzos e defender unha visi\u00f3n compartida do territorio: \u00abOs retos tur\u00edsticos que temos por diante non entenden de l\u00edmites municipais e, polo tanto, tampouco deberiamos abordalos de maneira individual\u00bb.<\/p>\n<p>A xornada rematou coa actuaci\u00f3n musical de Caama\u00f1o&amp;Ameixeiras e un c\u00f3ctel que permitiu prolongar o encontro nun ambiente distendido, favorecendo a conversa e o intercambio de ideas entre os profesionais, representantes institucionais e entidades participantes.<\/p>\n<p>Con esta sexta edici\u00f3n, a CMAT reafirma a s\u00faa aposta por manter un espazo de encontro que contrib\u00faa a estreitar relaci\u00f3ns, compartir iniciativas e avanzar nun proxecto tur\u00edstico com\u00fan. Un traballo que require a implicaci\u00f3n dos concellos, das administraci\u00f3ns supramunicipais, do tecido empresarial, das asociaci\u00f3ns e das entidades sociais, co obxectivo de seguir constru\u00edndo unha Costa da Morte cohesionada, competitiva e fiel \u00e1 s\u00faa identidade.<\/p>\n<p>A CMAT organiza este acto grazas ao convenio asinado coa Axencia de turismo de Galicia, e desenvolve tam\u00e9n outras actividades de promoci\u00f3n tur\u00edstica por medio dunha subvenci\u00f3n recibida pola Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A xornada reuniu 200 representantes institucionais, profesionais e entidades sociais para facer balance do traballo da asociaci\u00f3n, compartir os principais retos da Costa da Morte e reco\u00f1ecer o labor de colectivos e persoas vinculadas ao territorio.<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":90000,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A CMAT celebra o seu VI Encontro de Turismo cunha chamada \u00e1 colaboraci\u00f3n para seguir avanzando como destino - Costa da Morte","description":"A xornada reuniu 200 representantes institucionais, profesionais e entidades sociais para facer balance do traballo da asociaci\u00f3n, compartir os principais retos"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-90029","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/90029","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=90029"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/90029\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":90040,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/90029\/revisions\/90040"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/90000"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=90029"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=90029"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=90029"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}