{"id":89797,"date":"2026-11-13T10:00:00","date_gmt":"2026-11-13T09:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=89797"},"modified":"2026-11-14T08:05:03","modified_gmt":"2026-11-14T07:05:03","slug":"cmat-alianzas-sector-pesqueiro-centros-educativos-produtos-do-mar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/cmat-alianzas-sector-pesqueiro-centros-educativos-produtos-do-mar","title":{"rendered":"A CMAT tecer\u00e1 alianzas co sector pesqueiro e os centros educativos para po\u00f1er en valor os produtos do mar da Costa da Morte"},"content":{"rendered":"<p>A CMAT \u2013 Costa da Morte Asociaci\u00f3n de Turismo promover\u00e1 a colaboraci\u00f3n entre os centros educativos e os distintos axentes vinculados \u00e1 pesca artesanal para desenvolver o proxecto \u00abCartograf\u00eda do mar: patrimonio, produto local e pesca artesanal na Costa da Morte\u00bb. A iniciativa parte dunha idea fundamental: para co\u00f1ecer e valorar os produtos do mar \u00e9 necesario achegarse tam\u00e9n \u00e1s persoas, aos espazos e aos oficios que fan posible a actividade pesqueira.<\/p>\n<p>Para iso, a entidade establecer\u00e1 contacto cos centros educativos, lonxas, confrar\u00edas, mercados e peixer\u00edas do \u00e1mbito de actuaci\u00f3n do proxecto, integrado polos concellos de Dumbr\u00eda, Cee, Corcubi\u00f3n, Fisterra e Carnota. O obxectivo \u00e9 facilitar a coordinaci\u00f3n entre os diferentes axentes, fomentar o traballo en rede e contar coa s\u00faa implicaci\u00f3n nas acci\u00f3ns educativas e divulgativas que se desenvolver\u00e1n ao longo do proxecto.<\/p>\n<p>Unha das principais li\u00f1as de colaboraci\u00f3n ser\u00e1 a creaci\u00f3n e posterior implantaci\u00f3n dunha unidade did\u00e1ctica dixital dirixida ao primeiro ciclo de Educaci\u00f3n Primaria. A trav\u00e9s deste recurso, o alumnado poder\u00e1 descubrir os recursos pesqueiros locais, as artes de pesca tradicionais, a estacionalidade das especies e a importancia da pesca sostible e do consumo responsable. A participaci\u00f3n e o co\u00f1ecemento dos profesionais do sector contribuir\u00e1n a achegar estes contidos \u00e1 realidade coti\u00e1 das comunidades costeiras.<\/p>\n<p>O traballo conxunto ter\u00e1 tam\u00e9n continuidade a trav\u00e9s dun programa de visitas guiadas polas lonxas, mercados e espazos relacionados cos oficios do mar. Estas actividades permitir\u00e1n co\u00f1ecer como funciona a cadea de comercializaci\u00f3n dos produtos pesqueiros, descubrir os distintos traballos vinculados ao sector e comprender a importancia da actividade artesanal para a econom\u00eda e a identidade do territorio.<\/p>\n<p>Por outra banda, lonxas, mercados e peixer\u00edas ser\u00e1n aliados fundamentais na campa\u00f1a de promoci\u00f3n do consumo de produto mari\u00f1eiro local. A trav\u00e9s desta colaboraci\u00f3n buscarase dar visibilidade \u00e1 diversidade dos recursos pesqueiros, \u00e1 s\u00faa estacionalidade, \u00e1s s\u00faas caracter\u00edsticas e ao seu valor gastron\u00f3mico e nutricional, favorecendo h\u00e1bitos de consumo m\u00e1is conscientes.<\/p>\n<p>A CMAT aposta as\u00ed por unha iniciativa constru\u00edda desde o propio territorio, na que a colaboraci\u00f3n entre o \u00e1mbito educativo e o sector pesqueiro permita transmitir \u00e1s novas xeraci\u00f3ns o valor dos recursos mari\u00f1os e reforzar o reco\u00f1ecemento social dos profesionais que traballan no mar.<\/p>\n<p>Este proxecto est\u00e1 promovido pola CMAT \u2013 Costa da Morte Asociaci\u00f3n de Turismo, \u00abCartograf\u00eda do mar: patrimonio, produto local e pesca artesanal na Costa da Morte\u00bb, e financiado pola Conseller\u00eda do Mar e o Fondo Europeo Mar\u00edtimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), a trav\u00e9s das axudas xestionadas polo GALP Seo de Fisterra R\u00eda de Muros Noia Costa Sostible.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00abCartograf\u00eda do mar\u00bb aposta polo traballo conxunto con lonxas, confrar\u00edas, mercados, peixer\u00edas e centros escolares para fomentar o co\u00f1ecemento dos recursos mari\u00f1os e o consumo responsable.<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":89798,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A CMAT tecer\u00e1 alianzas co sector pesqueiro e os centros educativos para po\u00f1er en valor os produtos do mar da Costa da Morte - Costa da Morte","description":"\u00abCartograf\u00eda do mar\u00bb aposta polo traballo conxunto con lonxas, confrar\u00edas, mercados, peixer\u00edas e centros escolares para fomentar o co\u00f1ecemento dos recursos mari"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[106],"tags":[523,122],"class_list":["post-89797","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-cmat-gl","tag-costa-da-morte-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89797","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=89797"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89797\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":89799,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89797\/revisions\/89799"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/89798"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=89797"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=89797"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=89797"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}