{"id":89782,"date":"2026-10-26T10:00:00","date_gmt":"2026-10-26T09:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=89782"},"modified":"2026-11-14T08:05:03","modified_gmt":"2026-11-14T07:05:03","slug":"cmat-trazando-a-costa-patrimonio-marineiro-pesca-artesanal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/cmat-trazando-a-costa-patrimonio-marineiro-pesca-artesanal","title":{"rendered":"A CMAT impulsa \u00abTrazando a Costa\u00bb, un proxecto para po\u00f1er en valor o patrimonio mari\u00f1eiro e a pesca artesanal da Costa da Morte"},"content":{"rendered":"<p>A CMAT \u2013 Costa da Morte Asociaci\u00f3n de Turismo foi beneficiaria dunha axuda para desenvolver o proxecto \u00abTrazando a Costa: patrimonio, produto local e pesca artesanal na Costa da Morte\u00bb, unha iniciativa que busca reforzar a visibilidade e o prestixio dos produtos da pesca artesanal, fomentar o seu consumo e contribu\u00edr ao reco\u00f1ecemento social do oficio mari\u00f1eiro.<\/p>\n<p>O proxecto, cun orzamento total de 63.283 euros, desenv\u00f3lvese no marco das axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), xestionadas polo GALP Costa da Morte, dentro do Fondo Europeo Mar\u00edtimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. Enm\u00e1rcase na Prioridade 3 deste fondo europeo, orientada a favorecer unha econom\u00eda azul sostible nas zonas costeiras e impulsar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acu\u00edcolas.<\/p>\n<p>A actuaci\u00f3n abrangue nove concellos do territorio do GALP Costa da Morte: A Laracha, Carballo, Malpica de Berganti\u00f1os, Ponteceso, Cabana de Berganti\u00f1os, Laxe, Vimianzo, Camari\u00f1as e Mux\u00eda.<\/p>\n<h3>Educaci\u00f3n, patrimonio e promoci\u00f3n do produto local<\/h3>\n<p>\u00abTrazando a Costa\u00bb artic\u00falase arredor de varias li\u00f1as de traballo complementarias, que conectan a cultura mari\u00f1eira e a historia da navegaci\u00f3n coa realidade actual da pesca artesanal e coa promoci\u00f3n dos produtos locais.<\/p>\n<p>Un dos seus eixes principais \u00e9 o educativo, mediante a creaci\u00f3n dunha unidade did\u00e1ctica dixital e interactiva sobre os recursos pesqueiros da Costa da Morte, dirixida ao alumnado de 5\u00ba e 6\u00ba de Educaci\u00f3n Primaria. O recurso abordar\u00e1 cuesti\u00f3ns como as especies locais, as artes de pesca sostibles, a econom\u00eda azul e a trazabilidade dos produtos, co obxectivo de achegar \u00e1s novas xeraci\u00f3ns o co\u00f1ecemento do mar e dos oficios vinculados a el. A s\u00faa implementaci\u00f3n nos centros educativos realizarase de maneira progresiva entre 2027 e 2028, acompa\u00f1ada dun manual de uso para o profesorado.<\/p>\n<p>O patrimonio mar\u00edtimo ter\u00e1 tam\u00e9n un papel destacado. O proxecto contempla a investigaci\u00f3n, recuperaci\u00f3n e dixitalizaci\u00f3n de cartograf\u00eda n\u00e1utica hist\u00f3rica da comarca, que servir\u00e1 como soporte expositivo e promocional para explicar a orixe, a evoluci\u00f3n e as dificultades da actividade pesqueira nestas augas.<\/p>\n<p>Outra das actuaci\u00f3ns previstas \u00e9 a organizaci\u00f3n dun programa de visitas guiadas a lonxas, mercados e outros espazos de referencia vinculados ao mar. A trav\u00e9s destas experiencias, o p\u00fablico poder\u00e1 co\u00f1ecer de primeira man os oficios mari\u00f1eiros, o traballo das peixeiras e dos poxadores, as\u00ed como os sistemas de poxa e etiquetaxe que forman parte da cadea de valor do produto pesqueiro. Est\u00e1 prevista a realizaci\u00f3n de 12 visitas en 2027 e outras 12 en 2028.<\/p>\n<p>O terceiro gran \u00e1mbito de actuaci\u00f3n ser\u00e1 a promoci\u00f3n do consumo de produto local, mediante campa\u00f1as de comunicaci\u00f3n en redes sociais e materiais informativos nos puntos de venda. Estas acci\u00f3ns dar\u00e1n a co\u00f1ecer os oficios vinculados ao mar, a estacionalidade das especies e os beneficios para a sa\u00fade e a sustentabilidade do consumo de peixe e marisco de proximidade.<\/p>\n<h3>Un proxecto con desenvolvemento ata 2028<\/h3>\n<p>A execuci\u00f3n distribuirase en tres anualidades. En 2026 concentraranse os traballos de creaci\u00f3n da identidade gr\u00e1fica, coordinaci\u00f3n cos axentes do territorio e elaboraci\u00f3n da unidade did\u00e1ctica. Durante 2027 desenvolveranse a recuperaci\u00f3n da cartograf\u00eda hist\u00f3rica, a primeira fase de implementaci\u00f3n educativa, as primeiras visitas guiadas e o inicio da campa\u00f1a de promoci\u00f3n. En 2028 completarase a implementaci\u00f3n nos centros educativos restantes e darase continuidade \u00e1s visitas e \u00e1s acci\u00f3ns de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O proxecto conta cun orzamento total de 63.283 euros, dos que 55.454,89 euros corresponden \u00e1 axuda concedida, distribu\u00edda en tres anualidades: 15.268,65 euros en 2026, 23.857,26 euros en 2027 e 16.328,98 euros en 2028. Esta achega sup\u00f3n o 87,63 % do orzamento total.<\/p>\n<p>Con este proxecto, a CMAT pretende contribu\u00edr a que a pesca artesanal se reco\u00f1eza non s\u00f3 como unha actividade econ\u00f3mica fundamental, sen\u00f3n tam\u00e9n como parte esencial da identidade cultural e do patrimonio da Costa da Morte, favorecendo ao mesmo tempo o consumo de proximidade e as conexi\u00f3ns entre o sector pesqueiro, educativo e tur\u00edstico.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A iniciativa, financiada ao abeiro das axudas do GALP Costa da Morte e do Fondo Europeo Mar\u00edtimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), desenvolverase entre 2026 e 2028 en nove concellos do xeodestino.<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":89783,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A CMAT impulsa \u00abTrazando a Costa\u00bb, un proxecto para po\u00f1er en valor o patrimonio mari\u00f1eiro e a pesca artesanal da Costa da Morte - Costa da Morte","description":"A iniciativa, financiada ao abeiro das axudas do GALP Costa da Morte e do Fondo Europeo Mar\u00edtimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), desenvolverase entre 2026 e"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[106],"tags":[523,122],"class_list":["post-89782","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-cmat-gl","tag-costa-da-morte-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89782","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=89782"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89782\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":89784,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89782\/revisions\/89784"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/89783"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=89782"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=89782"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=89782"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}